A Xunta Electoral Central corrixe o baleiro legal que abría porta a que os interventores dos partidos puidesen votar dúas veces cando cadran dúas ou máis eleccións no mesmo día, como sucederá o 26 de maio

A Xunta Electoral Central corrixe o baleiro legal que abría porta a que os interventores dos partidos puidesen votar dúas veces cando cadran dúas ou máis eleccións no mesmo día, como sucederá o 26 de maio
Sito Miñanco, condenado a catro anos de cadea e seis millóns de multa. A Audiencia de Pontevedra considérao culpable dun delito de branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas, segundo informa o TXSG. O tribunal impón a mesma pena de prisión e multa á súa primeira esposa, a unha das súas fillas, a súa ex-cuñada e a un empresario, detalla. Miñanco foi detido outra volta en febreiro de 2018, pouco antes do inicio do xuízo.
O vindeiro sábado Luis Zahera pode gañar o seu primeiro Goya á mellor interpretación masculina de reparto pola película 'El reino', de Rodrigo Sorogoyen. VINTE repasa unha ducia dos seus papeis máis destacados.
O galego explicado en Portugal. O presidente da AGAL, Eduardo Maragoto, procura explicar nunha serie de vídeos para Nós TV que é a lingua galega e a súa conexión coa lusofonía coa ollada posta en Portugal. "Quando atravessam a fronteira e ouvem alguém a falar galego, só conseguem ouvir o “espanhol”. Porquê?" son algunhas das preguntas ás que tenta dar resposta.
Hoxe remata a remuda de sinais de tráfico en 1.480 quilómetros de estradas estatais en Galicia que dende mañá terán os 90 quilómetros por hora como límite de velocidade, no canto dos 100 actuais. Na imaxe, difundida pola Delegación do Goberno central, un cambio de sinais na N-VI, este luns en Betanzos. En Galicia foron remudados 309 sinais na Rede Estatal, aos que se engaden os de estradas da Xunta, provinciais e locais.
O TSXG desestima o recurso presentado pola antiga Aquagest contra o Concello de Teo pola liquidación do contrato tras a municipalización do servizo. A empresa deberá pagar ao consistorio teense 1,8 millóns de euros, segundo a sentenza.
O PP de Poio considera un “éxito absoluto” o seu chamamento a rodear o Concello en demanda de mellores servizos tras ver protestas semellantes como propias de golpistas
O PSdeG súmase ao reto viral sobre como cambiamos en 10 anos, o #10YearChallenge, poñendo o foco nas políticas de Feijóo durante a década.
Tras pasar por UCD, PSOE e PP, Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra do Miño e un dos 8 rexedores de toda Galicia que está no cargo desde hai 40 anos, anuncia que non se volverá presentar.
A ex-alcaldesa de Sanxenxo Catalina González, apartada da candidatura do PP cando Telmo Martín volveu á vila, deixa o partido e funda unha formación independente para as próximas municipais.