O PSdeG súmase ao reto viral sobre como cambiamos en 10 anos, o #10YearChallenge, poñendo o foco nas políticas de Feijóo durante a década.

O PSdeG súmase ao reto viral sobre como cambiamos en 10 anos, o #10YearChallenge, poñendo o foco nas políticas de Feijóo durante a década.
Tras pasar por UCD, PSOE e PP, Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra do Miño e un dos 8 rexedores de toda Galicia que está no cargo desde hai 40 anos, anuncia que non se volverá presentar.
A ex-alcaldesa de Sanxenxo Catalina González, apartada da candidatura do PP cando Telmo Martín volveu á vila, deixa o partido e funda unha formación independente para as próximas municipais.
España propón á UE recoñecer a Guaidó como presidente venezolano se Maduro non convoca eleccións. “A maioría está polo labor”, di Borrell, ministro de Exteriores, mentres a UE debate darlle un prazo a Maduro para convocar comicios antes de tomar “medidas” como recoñecer a Guaidó.
Audasa foi en 2017, por sexto ano consecutivo, a concesionaria de autoestradas que recibiu máis queixas en España, triplicando as da seguinte empresa. Atascos, problemas coas tarxetas e sinalización ou cos sistemas de peaxe foron os principais motivos.
Persoal de Alcoa maniféstase ante a Delegación do Goberno na Coruña para esixirlle ao Executivo central un marco estable electrointensivo logo do preacordo do ERE acordado coa empresa, que apoiou o 90% dos traballadores, e á espera dunha alternativa industrial. Foto: Anova.
Feijóo reclama que Pedro Sánchez "recoñeza inequivocamente" o presidente da Asemblea Nacional de Venezuela para que "tutele" unhas "eleccións limpas" nese país. Preguntado tras o Consello da Xunta situación do país americano, onde Juan Guaidó se autoproclamou presidente "interino" da república, o titular do Goberno galego asegurou tamén querer saber, no marco dunha crítica a Podemos, "se os alcaldes galegos están a favor de Maduro".
O alcalde franquista de Beade advirte de que a vila seguirá tendo unha rúa dedicada ao ditador malia ao informe xurídico que evidencia que está a incumprir a lei. Senén Pousa (PP) é rexedor da vila ourensá dende 1974. Recólleo Faro de Vigo
O líder opositor Juan Guaidó autoproclámase presidente interino de Venezuela e Donald Trump recoñéceo como lexítimo, segundo adianta a CNN.
O sindicato CSIF denunciará xudicialmente á Xunta se non modifica o acordo de carreira profesional dos funcionarios que asinou con CCOO e UGT e incorpora tamén a el ao persoal laboral ou interino. Esgrime unha recente sentenza do Supremo que rexeita que se discrimine aos traballadores públicos temporais á hora de contabilizar a súa carreira profesional por considerar que así o esixe unha directiva europea.