O alcalde franquista de Beade advirte de que a vila seguirá tendo unha rúa dedicada ao ditador malia ao informe xurídico que evidencia que está a incumprir a lei. Senén Pousa (PP) é rexedor da vila ourensá dende 1974. Recólleo Faro de Vigo

O alcalde franquista de Beade advirte de que a vila seguirá tendo unha rúa dedicada ao ditador malia ao informe xurídico que evidencia que está a incumprir a lei. Senén Pousa (PP) é rexedor da vila ourensá dende 1974. Recólleo Faro de Vigo
O líder opositor Juan Guaidó autoproclámase presidente interino de Venezuela e Donald Trump recoñéceo como lexítimo, segundo adianta a CNN.
O sindicato CSIF denunciará xudicialmente á Xunta se non modifica o acordo de carreira profesional dos funcionarios que asinou con CCOO e UGT e incorpora tamén a el ao persoal laboral ou interino. Esgrime unha recente sentenza do Supremo que rexeita que se discrimine aos traballadores públicos temporais á hora de contabilizar a súa carreira profesional por considerar que así o esixe unha directiva europea.
Soy una tumba, segunda curtametraxe do cangués Khris Cembe, pode levar premio á mellor curta de animación nos Goya. Contámolo en VINTE.
Ferrolterra terá o novo curso un novo centro de inmersión lingüística en Primaria. O colectivo Semente acada nunha campaña de micromecenado os 60.000 euros necesarios para iniciar o proxecto, que se une a outras iniciativas sociais polo ensino en galego.
A derrota parlamentaria co decreto dos alugueiros de vivenda tensa as alianzas do Goberno de Pedro Sánchez en plena negociación dos Orzamentos Xerais para 2019. O pleno do Congreso, no entanto, si convalidou decretos como o da suba das pensións. Cóntao eldiario.es. Na imaxe (Congreso), o ministro Ábalos defendendo o decreto.
O Seprona investiga a morte a golpes de catro eguas que vivían ceibas nun monte de Oia.
132 persoas morreron na zona do Mediterráneo onde opera o Open Arms dende que o barco da ONG está bloqueado no porto por orde gobernamental. Unha información de Desalambre. (Imaxe: Olmo Calvo para Desalambre)
A Comisión de Peticións da Eurocámara decide reabrir o expediente sobre a polución das rías galegas entre reproches á Comisión Europea por non aclarar a situación real das augas. Unha delegación galega convidada por Ana Miranda (BNG) está a defender esa reapertura. O máis destacado do debate, dende Bruxelas en Praza.gal
O Festival Intercéltico de Lorient presenta o seu cartaz de 2019, centrado en Galicia como país ao que está dedicado nesta edición.