O vindeiro sábado Luis Zahera pode gañar o seu primeiro Goya á mellor interpretación masculina de reparto pola película 'El reino', de Rodrigo Sorogoyen. VINTE repasa unha ducia dos seus papeis máis destacados.

O vindeiro sábado Luis Zahera pode gañar o seu primeiro Goya á mellor interpretación masculina de reparto pola película 'El reino', de Rodrigo Sorogoyen. VINTE repasa unha ducia dos seus papeis máis destacados.
O galego explicado en Portugal. O presidente da AGAL, Eduardo Maragoto, procura explicar nunha serie de vídeos para Nós TV que é a lingua galega e a súa conexión coa lusofonía coa ollada posta en Portugal. "Quando atravessam a fronteira e ouvem alguém a falar galego, só conseguem ouvir o “espanhol”. Porquê?" son algunhas das preguntas ás que tenta dar resposta.
Hoxe remata a remuda de sinais de tráfico en 1.480 quilómetros de estradas estatais en Galicia que dende mañá terán os 90 quilómetros por hora como límite de velocidade, no canto dos 100 actuais. Na imaxe, difundida pola Delegación do Goberno central, un cambio de sinais na N-VI, este luns en Betanzos. En Galicia foron remudados 309 sinais na Rede Estatal, aos que se engaden os de estradas da Xunta, provinciais e locais.
O TSXG desestima o recurso presentado pola antiga Aquagest contra o Concello de Teo pola liquidación do contrato tras a municipalización do servizo. A empresa deberá pagar ao consistorio teense 1,8 millóns de euros, segundo a sentenza.
O PP de Poio considera un “éxito absoluto” o seu chamamento a rodear o Concello en demanda de mellores servizos tras ver protestas semellantes como propias de golpistas
O PSdeG súmase ao reto viral sobre como cambiamos en 10 anos, o #10YearChallenge, poñendo o foco nas políticas de Feijóo durante a década.
Tras pasar por UCD, PSOE e PP, Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra do Miño e un dos 8 rexedores de toda Galicia que está no cargo desde hai 40 anos, anuncia que non se volverá presentar.
A ex-alcaldesa de Sanxenxo Catalina González, apartada da candidatura do PP cando Telmo Martín volveu á vila, deixa o partido e funda unha formación independente para as próximas municipais.
España propón á UE recoñecer a Guaidó como presidente venezolano se Maduro non convoca eleccións. “A maioría está polo labor”, di Borrell, ministro de Exteriores, mentres a UE debate darlle un prazo a Maduro para convocar comicios antes de tomar “medidas” como recoñecer a Guaidó.
Audasa foi en 2017, por sexto ano consecutivo, a concesionaria de autoestradas que recibiu máis queixas en España, triplicando as da seguinte empresa. Atascos, problemas coas tarxetas e sinalización ou cos sistemas de peaxe foron os principais motivos.