Laura Bugalho non entrará en prisión tras acadar un acordo de conformidade coa Fiscalía. Toda a información, hoxe en Praza.
Fálase
Kepa Junkera, Poetarras, Arrhytmia, Falua e Fran Amil encabezan o cartel do Festigal 2016, que este martes foi presentado en Compostela. A décimo quinta edición do festival, que se celebra o 24 e o 25 de xullo, será inaugurada por Esposa, que gañou o certame de novos valores.
A CGT denuncia que en maio circularon 103 trens de media distancia sen interventor en Galicia. O sindicato di que supón unha perda para Renfe duns 5.000 euros ao mes e unha merma na seguridade dos pasaxeiros.
A CRTVG e a RTP presentan no Porto a súa primeira coprodución dunha serie de ficción, Vidago Palace, cuxa rodaxe comezará no outono.
Dous infantes e dous curmáns do rei regularizaron 4 millóns de euros na amnistía fiscal. É unha das informacións contida na investigación conxunta de eldiario.es, La Marea e Diagonal na que se amosa que varias xeracións dos Borbón manexaron cartos fóra do control da Facenda española.
Hillary Clinton ten xa apoios dabondo para ser nomeada candidata demócrata á presidencia dos Estados Unidos, segundo sondaxes entre delegados das que dá conta a NBC. O nomeamento aínda non está, no entanto, asegurado.
A Xunta deixa deserto o concurso para contratar 5 avións contra incendios ao non recibir ningunha oferta. O pasado febreiro a patronal dos helicópteros conseguiu tombar outro concurso de Medio Rural para contratar as brigadas helitransportadas.
As fiscalías galegas prorrogan 1.200 causas en dous días para evitar que fiquen impunes por mor da nova lei de axuizamento. Recólleo Faro de Vigo
Feijóo di ser o único candidato con "liberdade para servir a Galicia", porque os demais "teñen as mans atadas pola UPG, Sánchez, Rivera e Iglesias". Asegurouno na Xunta Directiva do PPdeG.
O goberno local de Pontevedra acorda recorrer a prórroga de ENCE ante a Audiencia Nacional. Faino despois de que o Ministerio de Medio Ambiente non respondese ao requerimento ao respecto formulado dende o Concello.