Miguel Alvariño, unha das bazas galegas nos Xogos de Rio, eliminado en dezaseisavos de final.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/57a9f3791dab0-cpbksi7wyaatnku.jpg)
Miguel Alvariño, unha das bazas galegas nos Xogos de Rio, eliminado en dezaseisavos de final.
O PSOE expulsa de vez o alcalde de Becerreá, que se ve obxecto dunha "purga". Manuel Martínez continúa como deputado non adscrito na Deputación de Lugo.
O incendio de Queimadelos, en Mondariz, xa non ameaza vivendas, segundo a Xunta. Medio Rural desactivou o nivel 2 de alerta e dá por “estabilizado” o lume, dunhas 150 hectáreas.
Bescansa apoia "sen dúbida" a postura da dirección de Podemos Galicia na súa relación con En Marea cara ás galegas. A dirixente da dirección estatal de Podemos atribúe as discrepancias sobre a confleuncia a que "hai un debate democrático moi saudable". Afirmouno nunha entrevista na SER.
A última enquisa do CIS reforza o "non" de Pedro Sánchez á investidura de Mariano Rajoy. Cóntao eldiario.es
A Xunta declara a "situación 2" nun incendio en Caldas de Reis pola proximidade do lume ás vivendas. Na zona traballan 10 helicópteros, 2 avións e 14 brigadas.
Audasa deberá pagar 300.000 euros a un condutor que perdeu unha perna por culpa dunha barreira mal suxeita. Un xulgado de Betanzos censura a “neglixencia da concesionaria” na conservación da bionda metálica coa que chocou o afectado.
A CNMV mantén a suspensión de cotización de Pescanova. O regulador di que a empresa aínda non lle trasladou toda a información que lle requiriu para permitir que volva á bolsa, da que saíu en 2013.
O CIS sinala o PSOE como único beneficiado de repetírense as eleccións xerais. O PP volvería gañar as eleccións e Unidos Podemos e Ciudadanos serían os partidos que máis perderían.
O BNG da Pastoriza dá o seu apoio a Luís Villares de cara ás autonómicas por ser un "candidato máis afín". O responsable local do Bloque, Diego Fernández, asegura que os responsables da fronte nacionalista no Concello abandonarán a formación.