Este venres Pere Tobaruela comezará a publicar a súa novela Sempre perden os mesmos no seu blog nun proxecto literario pensado para a rede.
Fálase
Orozco asegura que acude "moi tranquilo" a declarar como imputado no caso Pokémon para responder "a todo" para que "se coñeza a verdade". O alcalde de Lugo chegou ao xulgado ás cinco da tarde acompañado de varios concelleiros socialistas, entre outras persoas que se achegaron para amosarlle o seu apoio.
O TSXG anula o artigo do decreto do plurilingüismo que veta o ensino do galego en Infantil, segundo anuncia A Mesa. Toda a información, nuns minutos en Praza.
A Eurocámara rexeitará un orzamento cun recorte de 80.000 millóns. O Parlamento advirte que as contas son "pouco ambiciosas" e que serán vetadas pola Cámara europea.
Convocan un acto de homenaxe ao ditador Francisco Franco nun edificio público do Goberno central. Cóntao El País.
O vindeiro día 29 votarase no Parlamento a segunda investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta, segundo o calendario que vén de aprobar a Mesa da Cámara.
Núñez Feijoo anuncia que a Xunta achegará o financiamento completo dos investigadores dos programas Ramón y Cajal e Juan de la Cierva. Segundo Feijoo Galicia é asi "máis atractiva para os investigadores de maior nivel".
Este venres comezará unha folga de fame en solidariedade cun grupo de afiliados á CIG condenados a tres anos de prisión por participar na folga do comercio de alimentación en 2009. Está convocado un acto ás 12 horas fronte á Audiencia Provincial de Pontevedra.
Cáritas alerta de que en Galicia viven unhas 4.500 persoas sen teito e sinala que neste grupo as mulleres incrementáronse nun 15% dende que comezou a crise.
As pensións subirán segundo "o criterio vixente de revalorización", en palabras o secretario de Estado de Seguridad Social, Tomás Burgos, que engadiu que "non lle consta" que se vaia modificar a lei vixente. Os datos do Instituto Nacional de la Seguridad Social revelan que Galicia mantén a pensión media máis baixa de España, con 700,95 euros.