Núñez Feijoo anuncia que a Xunta achegará o financiamento completo dos investigadores dos programas Ramón y Cajal e Juan de la Cierva. Segundo Feijoo Galicia é asi "máis atractiva para os investigadores de maior nivel".
Fálase
Este venres comezará unha folga de fame en solidariedade cun grupo de afiliados á CIG condenados a tres anos de prisión por participar na folga do comercio de alimentación en 2009. Está convocado un acto ás 12 horas fronte á Audiencia Provincial de Pontevedra.
Cáritas alerta de que en Galicia viven unhas 4.500 persoas sen teito e sinala que neste grupo as mulleres incrementáronse nun 15% dende que comezou a crise.
As pensións subirán segundo "o criterio vixente de revalorización", en palabras o secretario de Estado de Seguridad Social, Tomás Burgos, que engadiu que "non lle consta" que se vaia modificar a lei vixente. Os datos do Instituto Nacional de la Seguridad Social revelan que Galicia mantén a pensión media máis baixa de España, con 700,95 euros.
López Sors afirma que o Estado non tivo "nada que ver co rumbo errático do Prestige". Xustifica o afastamento do buque nos primeiros días, pero desenténdese do rumbo errático posterior: "Era cousa dos salvadores, aínda que eu recomendei que se mantivese lonxe da costa", dixo.
López Sors: "Se meto o Prestige en Corcubión, agora estaría no cárcere xunto a Mangouras". O ex director xeral da Mariña Mercante continúa a súa declaración no xuízo sobre a catástrofe.
2012 foi o ano no que máis xornalista morreron exercendo a súa profesión: 119. Afirmao o International Press Institute, que comezou esta listaxe en 1997. 36 deles faleceron en Siria, 16 en Somalia e 7 en México.
O Ministerio de Xustiza remitiulles hoxe a todos os secretarios xudiciais unha instrución na que lles pide que incumpran a Lei de Taxas, que entrou en vigor onte. A norma non se pode aplicar porque ainda non se publicou o impreso de pago.
A patronal eléctrica Unesa está moi molesta con Jordi Évole e cos seu programa Salvados que a semana pasada denunciou as prácticas do sector eléctrico que repercuten negativamente sobre os prezos que paga o consumidor. Vanlle remitir unha carta ao presidente do grupo Planeta, José Manuel Lara, para pedirlle una compensación en forma dun espazo na programación de Antena3
Un concelleiro do PP en Carballo ve a Alberto Ruiz-Gallardón como "o peor ministro de Xustiza" pola aprobación das novas taxas xudiciais. Cóntao Europa Press na súa web.