Un concelleiro do PP en Carballo ve a Alberto Ruiz-Gallardón como "o peor ministro de Xustiza" pola aprobación das novas taxas xudiciais. Cóntao Europa Press na súa web.
Fálase
O conselleiro delegado do banco Santander, Alfredo Sáez, dá por feito que Novagalicia Banco será poxada e manifesta o seu interese en facerse con parte da entidade herdeira das antigas caixas galegas.
López Sors di que o afastamento do Prestige foi decidido polo capitán do primeiro remolcador, malia que en instrución asegurara que a decisión tomáraa el.
López Sors: "Cría que o mellor era que o barco afundise o máis lonxe posible da costa". O avogado de Nunca Máis lémbralle ao ex cargo público as súas "consignas" nas primeiras horas da catástrofe.
López Sors: "Cría que o mellor era que o barco afundise o máis lonxe posible da costa". O avogado de Nunca Máis lémbralle ao ex cargo público as súas "consignas" nas primeiras horas da catástrofe.
O ex tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero, condenado polo golpe de Estado do 23-F, denuncia a Artur Mas por "provocación, conspiración e proposición para a sedición". En El Diario.
O ferrolán López Sors di que non "entende" o galego do avogado de Nunca Máis e pide tradución simultánea.
López Sors comeza a declarar no xuízo do Prestige e escoita a través de auriculares a tradución do galego. O que fora ex director xeral da Mariña Mercante asegura que as súas decisións "non necesitaban ser ratificadas posteriormente por ninguén". É o único cargo público que comparecerá na vista.
Alberto Ramos gaña o premio Risco de Creación Literaria, que concede cada ano o Concello de Ourense, coa novela Todos os días. A editorial Sotelo Blanco publicará a obra do escritor, xornalista e tamén colaborador de Praza Pública.
O cumio extraordinario da UE celébrase hoxe con serias dificultades. A presión de Gran Bretaña para recortar os orzamentos, as protestas pola diminución nas achegas á PAC ou a falta de acordo para o rescate a Grecia auguran unha xornada moi tensa.