López Sors: "Cría que o mellor era que o barco afundise o máis lonxe posible da costa". O avogado de Nunca Máis lémbralle ao ex cargo público as súas "consignas" nas primeiras horas da catástrofe.
Fálase
López Sors: "Cría que o mellor era que o barco afundise o máis lonxe posible da costa". O avogado de Nunca Máis lémbralle ao ex cargo público as súas "consignas" nas primeiras horas da catástrofe.
O ex tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero, condenado polo golpe de Estado do 23-F, denuncia a Artur Mas por "provocación, conspiración e proposición para a sedición". En El Diario.
O ferrolán López Sors di que non "entende" o galego do avogado de Nunca Máis e pide tradución simultánea.
López Sors comeza a declarar no xuízo do Prestige e escoita a través de auriculares a tradución do galego. O que fora ex director xeral da Mariña Mercante asegura que as súas decisións "non necesitaban ser ratificadas posteriormente por ninguén". É o único cargo público que comparecerá na vista.
Alberto Ramos gaña o premio Risco de Creación Literaria, que concede cada ano o Concello de Ourense, coa novela Todos os días. A editorial Sotelo Blanco publicará a obra do escritor, xornalista e tamén colaborador de Praza Pública.
O cumio extraordinario da UE celébrase hoxe con serias dificultades. A presión de Gran Bretaña para recortar os orzamentos, as protestas pola diminución nas achegas á PAC ou a falta de acordo para o rescate a Grecia auguran unha xornada moi tensa.
Alexis Tsipras, máximo dirixente da coalición grega Syriza, participará este xoves nun acto de apoio a ICV-EUiA en Barcelona
Primeiras horas de alto o fogo en Gaza. Milleiros de palestinos celebraron nas rúas o fin do ataques de Israel
Orozco remodela o Goberno municipal de Lugo despois da marcha dos dous concelleiros do BNG. O alcalde lucense declarará este hoxe pola súa imputación no caso Pokemon