Absolto dun delito de prevaricación o alcalde da Pobra de Trives, Francisco Fernández Blanco, independente. Foi xulgado por unha denuncia dos partidos da oposición tras o levantamento dun pleno en xaneiro de 2014. Entende a maxistrada que non concorren os requisitos do delito, "tendo en conta que non consta ningún informe da secretaria accidental, nin do secretario-interventor, asesor da Deputación Provincial de Ourense, con comisión circunstancial para ese efecto, nin da empresa Lexdynamic, no que se advirta ao alcalde que o levantamento da sesión do pleno extraordinario [...] supoñería unha infracción penal". [Foto: Concello da Pobra de Trives]