A 8 días de expirar o prazo, España só acolleu o 13% dos 17.377 refuxiados que se comprometera a aceptar ante a UE
Fálase
ERC e PNV súmanse á proposta de diálogo de Podemos e tamén o fai, con matices, o PDeCAT. O PSOE aceptaría a mesa, pero pide que se desenvolva no marco da comisión territorial proposta por Pedro Sánchez e sen descartar a aplicación do 155
O Goberno central mantén a súa estratexia de intervención parcial da autonomía catalá sen acollerse ao artigo 155 e celebra a nova posición do PSOE de apoio ás súas medidas porque "reforza a unidade dos demócratas".
O crowdfunding para editar en papel a novela de Carlos Meixide que este verán publicou Praza.gal, A memoria dos meus pasos, chega ao ecuador. A 26 días do remate recadou algo máis da metade dos cartos necesarios.
Absolto dun delito de prevaricación o alcalde da Pobra de Trives, Francisco Fernández Blanco, independente. Foi xulgado por unha denuncia dos partidos da oposición tras o levantamento dun pleno en xaneiro de 2014. Entende a maxistrada que non concorren os requisitos do delito, "tendo en conta que non consta ningún informe da secretaria accidental, nin do secretario-interventor, asesor da Deputación Provincial de Ourense, con comisión circunstancial para ese efecto, nin da empresa Lexdynamic, no que se advirta ao alcalde que o levantamento da sesión do pleno extraordinario [...] supoñería unha infracción penal". [Foto: Concello da Pobra de Trives]
Unidos Podemos e En Marea convocan parlamentarios e alcaldes de todos os partidos a unha asemblea por un referendo pactado en Catalunya. As formacións integradas no grupo parlamentario de UP fan un chamamento "ao conxunto de forzas comprometidas coa democracia, a liberdade de expresión e o diálogo".
Chus Pato ingresará como membro de número na Real Academia Galega o vindeiro sábado 23 de setembro nunha sesión que terá lugar no IES Otero Pedrayo de Ourense, centro educativo do que foi alumna. A poeta dará lectura ao discurso titulado Baixo o límite. Responderalle en nome da RAG o académico Francisco Fernández Rei
ETA di que iniciou un debate interno sobre a súa disolución. Nun comunicado no Gara, di analizar o seu "ciclo e función" e a resposta a "que debe facer" a banda terrorista "para que o proceso independentista popular que s einiciou se desenvolva nas condicións máis axeitadas para facilitar a acumulción de forzas que logre levar a cabo o dereito a decidir".
Big little lies e The handmaid’s tale, grandes triunfadoras dos Emmys, que tamén recoñeceron o capítulo de Black Mirror "San Junipero" co premio ao mellor guion
O nacionalismo despediu en San Cibrao de Las (San Amaro) a Bautista Álvarez. Francisco Rodríguez, Ana Pontón, Néstor Rego ou Pilar García Negro participaron no acto.