A Comisión Europea di que o Goberno español non tiña a obriga de instalar o sistema de freado automático na curva na que se produciu o accidente de Angrois. Recólleo Europa Press.
Fálase
AGE apoia que as familias practiquen a "insubmisión" contra as novas normas de pagamento nos comedores escolares ditadas pola Xunta.
Culturagalega.org publica unha reportaxe sobre a historia e relevacia das bandas de música: "Os que levaron Beethoven á aldea"
Os profesionais terán que presentar as súas declaracións tributarias telematicamente a partir do ano que vén. Só as persoas físicas coa obriga de presentar a declaración poderán facelo a man.
A Mesa pola Normalización gaña o premio Ramón Piñeiro Facer País, que outorga unha quincena de asociacións culturais de Sarria, Láncara e o Corgo.
Esquerda Unida acusa a Xunta e o Ministerio do Interior de "condescendencia" coa violencia da extrema dereita en Galicia, logo de que un militante da organización, activista LGTBI, fose agredido en Compostela esta fin de semana.
Balears vive hoxe a primeira xornada de folga indefinida de docentes contra o decreto que reduce a presenza do catalán nas aulas. As centrais sindicais cifran o seguimento no 90% e o Govern insular déixao por baixo do 30%. Cóntao Diario de Mallorca.
Antoni Domènech, Daniel Raventós e G. Buster analizan en Sin Permiso a evolución do proceso soberanista catalán. Critican que "o suposto nacionalismo duns e outros é neboa" e salientan que "o que está en xogo é o réxime de 1978, cuxo elo crítico más débil é agora o formidable auxe popular do independentismo en Cataluña". Conclúen que "ogallá os verdadeiros independentistas e a esquerda democrática favorable á autodeterminación sexan capaces de ver claro nesa néboa".
A aldea de Carnota que vén alertando do "acoso" dos incendiarios sufriu esta noite un incendio despois de evitar dous o pasado sábado. (foto: @Carnotan)
Unha foto satélite dá conta da destrución provocada polo incendio no monte Pindo. A imaxe foi difundida pola asociación Monte Pindo Parque Natural.