O xuíz reactiva o Caso Orquesta tras a ratificación de 28 imputacións, entre elas as dos alcaldes de Fisterra, Mazaricos e Corcubión
Fálase
A folga do ensino pechouse con manifestacións nas sete cidades galegas. Imaxe de Vigo.
A Fundación Denaes estuda querelarse contra os deputados que apoiaron a oficialidade das seleccións galega, vasca e catalá logo de presentar unha querela criminal contra "os instigadores dos asubíos contra a Coroa e o himno nacional"
A Fiscalía Superior de Galicia prepara unha demanda civil de acción colectiva contra Novagalicia Banco polas participacións preferentes. Pedirá a nulidade das "cláusulas abusivas", tal e como adiantou o fiscal xefe, Carlos Varela.
Milleiros de persoas percorren as rúas de Madrid na principal manifestación contra os recortes na educación pública. Imaxe de @WMcgan
Adicae convoca mobilizacións en Galicia para reclamar unha solución para os afectados polas preferentes. As manifestacións comezan o xoves 24 ante oficinas de Novagalicia Banco da Coruña, Santiago e Vigo.
CC OO e UGT convocan mobilizacións en Galicia en defensa do plan do carbón e pola reactivación das comarcas mineiras. Os dous sindicatos realizarán accións conxuntas os días 24 e 31. O xoves haberá concentracións na Coruña. Ferrol e As Pontes.
A Universidade de Vigo formará doutores caboverdianos en desenvolvemento mariño sostible.
O seguimento da folga do ensino é dispar por comunidades, destacando a participación en Aragón, Murcia, Asturias e Valencia, con grandes manifestacións en Zaragoza ou Barcelona (na imaxe). Canarias e Galicia rexistran as cifras máis baixas. En calquera caso, a folga nótase máis nas universidades (con participación de máis do 80% dos mestres e estudantes) ca no ensino medio e profesional.
Haberá manifestación de ultradereita o día da final de Copa en Madrid. Unha resolución do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade estima o recurso da Falange ante a resolución da Delegación do Goberno, que impedira a marcha.