CC OO e UGT convocan mobilizacións en Galicia en defensa do plan do carbón e pola reactivación das comarcas mineiras. Os dous sindicatos realizarán accións conxuntas os días 24 e 31. O xoves haberá concentracións na Coruña. Ferrol e As Pontes.
Fálase
A Universidade de Vigo formará doutores caboverdianos en desenvolvemento mariño sostible.
O seguimento da folga do ensino é dispar por comunidades, destacando a participación en Aragón, Murcia, Asturias e Valencia, con grandes manifestacións en Zaragoza ou Barcelona (na imaxe). Canarias e Galicia rexistran as cifras máis baixas. En calquera caso, a folga nótase máis nas universidades (con participación de máis do 80% dos mestres e estudantes) ca no ensino medio e profesional.
Haberá manifestación de ultradereita o día da final de Copa en Madrid. Unha resolución do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade estima o recurso da Falange ante a resolución da Delegación do Goberno, que impedira a marcha.
Imaxin-Software gaña o Premio Leixaprén 2012, que conceden os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino. Máis información, pola tarde en Praza
A Rede Galega de Empresas demanda un Banco Público Galego e pide que as asociacións de empresarios, pemes e autónomos realicen un pronunciamento neste senso, para que a Xunta cree unha entidade financeira pública, sobre todo no caso de que NGB desapareza. Máis información, esta tarde en Praza
A Xunta cifra nun 3,36% o seguimento da folga no ensino en Galicia e cre que a cifra "demostra" que a os centros entenden a súa xestión. CCOO eleva a partición a máis do 30%.
Xuíces para a Democracia esixe a dimisión de Dívar polas súas viaxes
Os pensionistas, xubilados e prexubilados de UGT entregan hoxe ao Goberno un manifesto en defensa do Estado de Benestar logo de manifestárense en varias cidades españolas.
A Audiencia Nacional arquiva a querela contra a familia Botín polas súas contas en Suíza. En La Información.