O seguimento da folga do ensino é dispar por comunidades, destacando a participación en Aragón, Murcia, Asturias e Valencia, con grandes manifestacións en Zaragoza ou Barcelona (na imaxe). Canarias e Galicia rexistran as cifras máis baixas. En calquera caso, a folga nótase máis nas universidades (con participación de máis do 80% dos mestres e estudantes) ca no ensino medio e profesional.