A inspección educativa recomenda destituír unha profesora da Escola Española de Andorra, dependente do Goberno de España, por ensinarlles "demasiado" aos seus alumnos de catro anos, que xa saben ler, sumar e restar. En El Periòdic d'Andorra
A inspección educativa recomenda destituír unha profesora da Escola Española de Andorra, dependente do Goberno de España, por ensinarlles "demasiado" aos seus alumnos de catro anos, que xa saben ler, sumar e restar. En El Periòdic d'Andorra
José Blanco presenta a súa páxina web como deputado socialista por Lugo. "Creo que pode servir para que o meu traballo no Parlamento se coñeza mellor, para achegarvos as miñas inquietudes e para que poida recibir preguntas, achegas ou solicitudes", di o ex ministro.
Amr Musa, antigo secretario xeral da Liga Arabe, perfílase como favorito nas eleccións presidenciais en Exipto, que se celebrarán a finais de maio. Unha enquisa do Centro Al Ahram de Estudos Políticos e Estratéxicos dálle o 41,1% dos votos.
O Goberno avanza que "liberalizará determinados servizos" para lograr "unha xestión máis eficiente e austera". Anunciouno en Compostela a vicepresidenta do Gobierno, Soraya Saénz de Santamaría, de cara ao vindeiro Consello de Ministros do venres.
Libera denuncia a organización de un curso de caza dirixido a menores de idade no concello de Fornelos de Montes.
De Guindos advirte desde Santiago que as reformas "seguirán" malia as protestas nas rúas. "A situación irase corrixindo", asegura o ministro de Economía.
Esperanza Aguirre di que a única "queixa" que ten do Goberno de Rajoy é que "non recorta o suficiente". En Público.es
A OIT advirte que o emprego non regresará aos niveis de antes da crise até finais de 2016 nos países desenvolvidos, incluído España. A culpa, segundo a Organización Internacional do Traballo, é das duras reformas e da austeridade.
The Economist asegura que os bancos españois precisarán "moito máis capital" para recuperar a confianza nos mercados e fala de entre 60.000 e 80.000 millóns.
Standard & Poor's rebaixa o rating de 11 entidades financeiras españolas,á vez que pon en revisión con perspectiva negativa a outras cinco. BBVA, Santander, Banesto, Sabadell, Ibercaja, Bankinter, Banca Cívica, Barclays, Kutxabank, Santander Consumer e a Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA) son as rebaixadas.