Continúan este luns na Coruña os traballos de busca da moza de 22 anos desaparecida na contorna de Riazor o pasado día 30. No dispositivo participan efectivos municipais, de Salvamento Marítimo e da Cruz Vermella.

Continúan este luns na Coruña os traballos de busca da moza de 22 anos desaparecida na contorna de Riazor o pasado día 30. No dispositivo participan efectivos municipais, de Salvamento Marítimo e da Cruz Vermella.
A estación espacial chinesa Tiangong-1 descontrolada dende hai meses, caeu finalmente sobre o océano Pacífico, tal e como confirmou a Axencia Espacial Europea. Durante as últimas semanas diversas publicacións especularan coa posibilidade de que a nave impactase en zonas habitadas e mesmo con que o fixese sobre Galicia, aínda que a propia ESA advertira de que era practicamente imposible.
Martiño Noriega critica a "mala xestión" de En Marea no caso de Paula Quinteiro, logo de que o grupo parlamentario acordara non pedir a súa dimisión despois de que si o fixese a formación. Fíxoo nunha entrevista en Radio Galicia.
Un manifesto pola liberdade dos presos políticos cataláns une a políticos do BE, PS, PSD, CDU e PAN en Portugal. O texto critica o "desnorte punitivo" do Tribunal Supremo e pide que "acabem de uma vez por todas práticas políticas e judiciais incompatíveis com o respeito dos direitos cívicos e políticos dos cidadãos catalães".
Ciudadanos gañaría as eleccións xerais e superaría o PP. Asuma da dereita sumaría o 50% dos votos, segundo unha enquisa de Sigma Dos para El Mundo. Populares, C's e PSOE alcanzarían o 70% de apoio.
O conselleiro de Sanidade defende os contratos por días no Sergas: "Hai que pasar por esa fase inestable para lograr praza". "É o que hai", di Vázquez Almuíña nunha entrevista no Faro de Vigo sobre a situación de precariedade dos profesionais sanitarios en Galicia.
Falece unha moza en Ribadeo ao caerlle unha pedra na cabeza na praia das Catedrais. A rapaza visitaba unha das covas do areal da Mariña.
Reinícianse esta mañá os traballos de busca, por mar e aire, da moza arrastrada este venres polo mar na praia do Orzán da Coruña.
Galicia mantense en alerta amarela en toda a costa por grandes ondas e por neve na montaña de Lugo e Ourense. As temperaturas mantéñense baixas para a época do ano.
Este venres Praza Pública non se actualiza por descanso do persoal. Pero ti podes seguir léndonos.