Este venres Praza Pública non se actualiza por descanso do persoal. Pero ti podes seguir léndonos.

Este venres Praza Pública non se actualiza por descanso do persoal. Pero ti podes seguir léndonos.
Galicia estará este venres baixo aviso laranxa por temporal en toda a costa, amarelo por neve na montaña de Lugo e Ourense e por vento en todo o país.
Telegram cae en zonas de Europa e Oriente Medio, segundo informa a compañía, que di traballar para resolver “pronto” a incidencia.
A axenda institucional da Xunta para este xoves só inclúe procesións. Os titulares de Política Social e Mar asistirán a dúas distintas en Ferrol e a directora de Turismo e o delegado da Xunta en Lugo a outra en Viveiro.
Os días festivos desta Semana Santa comezan este xoves con aviso amarelo por ondas no litoral da Coruña e Pontevedra e por neve nas montañas de Lugo e Ourense. A situación empeorará no mar o venres.
A militancia de Podemos en Galicia aproba que o partido concorra aliado con outras forzas ás eleccións municipais. A formación vén de facer públicos os resultados do seu referendo interno. No gráfico, os resultados das sete cidades; as cifras completas dos municipios galegos e do resto do Estado nos que se celebrou a votación poden ser consultados nesta ligazón.
O alcalde de Friol, José Ángel Santos (PP), pide a dimisión do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, por "ignorar" o municipio e "non cumprir" os dous principais proxectos da Consellería na vila: construír unha residencia de maiores e reformar un centro sociocultural. Recólleo El Progreso.
Un condutor de autobús entre Madrid e Lugo recibe unha reclamación por avisar de que o vehículo ía parar en Pedrafita do Cebreiro. Segundo o autor da protesta, o motivo é que pronunciou o topónimo "en galego", sinala o traballador.
O PNV advirte de que non negociará os Orzamentos do Estado co PP mentres o 155 siga vixente en Catalunya. Recólleo eldiario.es
A CIG celebrou este martes unha asemblea con persoal de Servicarne que traballa nas instalacións de Frigolouro no Porriño para informar sobre a resolución da Inspección de Traballo que obriga a falsa cooperativa a dalos de alta no réxime xeral de Seguridade Social. Os traballadores e traballadoras deberán presentar reclamacións individuais para que lles devolvan as cotas de autónomo/a. A industria cárnica galega estaba a cometer unha fraude con ao redor de 1.500 falsos autónomos e autónomas.