A CIG celebrou este martes unha asemblea con persoal de Servicarne que traballa nas instalacións de Frigolouro no Porriño para informar sobre a resolución da Inspección de Traballo que obriga a falsa cooperativa a dalos de alta no réxime xeral de Seguridade Social. Os traballadores e traballadoras deberán presentar reclamacións individuais para que lles devolvan as cotas de autónomo/a. A industria cárnica galega estaba a cometer unha fraude con ao redor de 1.500 falsos autónomos e autónomas.
