ANC, Òmnium, CCOO e UGT convocan unha manifestación en defensa dos presos independentistas. Terá lugar o vindeiro 15 de abril en Barcelona.
Fálase
O Festigal anuncia a inclusión do rapeiro Valtonyc no seu cartel de 2018 "para reivindicar a liberdade de expresión". O cantante foi condenado a 3 anos e medio de prisión acusado de inxurias ao rei e enaltecemento do terrorismo.
ÚLTIMA HORA | Abanca compra Deutsche Bank en Portugal, segundo vén de anunciar á CNMV. Consulta aquí toda a información da operación impulsada pola entidade herdeira das desaparecidas grandes caixas galegas.
O Ministerio de Defensa volverá ordenar que as bandeiras ondeen a media hasta nos cuarteis esta Semana Santa pola morte de Cristo. Cóntao eldiario.es (na imaxe, a actual ministra De Cospedal, ante militares nunha procesión na súa etapa como presidenta de Castilla-La Mancha).
A plataforma Galiza con Catalunya manifesta en oito concentracións o seu rexeitamento ao encarceramento de líderes políticos cataláns pola súa vinculación co proceso soberanista. As mobilizacións foron convocadas baixo o lema "Democracia e liberdade". Na imaxe, difundida pola CIG, a concentración de Vigo.
O xuíz de Neumünster mantén a Puigdemont en prisión ata a resolución sobre a súa extradición a España. O ex-presidente catalán foi detido este domingo en Alemaña.
Os Mossos d'Esquadra deteñen a considerada como narcotraficante galega máis buscada, Tania Varela. Varela, avogada de profesión, estaba ata hoxe na lista de persoas máis buscadas da Europol. Foi condenada en 2013 a sete anos de prisión pola súa vinculación a un alixo de 1,7 toneladas de cocaína e estaba ligada ao clan de Oubiña, de cuxo fillastro foi parella. A detención produciuse en Vilanova i la Geltrú e foi adiantada por La Vanguardia.
Aena estenderá ao aeroporto da Coruña a obriga de vender as botellas de auga a un prezo máximo dun euro xa existente en Santiago e Vigo. O ente xestor dos aeroportos españois asume agora unha recomendación emitida hai tres anos pola asociación internacional de aeroportos.
Cristina Cifuentes anuncia unha querela contra os xornalistas Raquel Ejerique e Ignacio Escolar polas información sobre a súa presunta fraude na obtención dun mestrado universitario. A presidenta da Comunidade de Madrid e do PP nesa autonomía advertiuno nun discurso ante a dirección do seu partido.
Ciudadanos anuncia un acordo co PP para apoiar os Orzamentos do Estado tras o paso ao Grupo Mixto da senadora popular Pilar Barreiro, da que os de Rivera esixían a dimisión por estar investigada nun caso de presunta corrupción. Os escanos de C's non son, así e todo, dabondo para que as contas superen o trámite parlamentario.