O alcalde de Friol, José Ángel Santos (PP), pide a dimisión do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, por "ignorar" o municipio e "non cumprir" os dous principais proxectos da Consellería na vila: construír unha residencia de maiores e reformar un centro sociocultural. Recólleo El Progreso.
Fálase
Un condutor de autobús entre Madrid e Lugo recibe unha reclamación por avisar de que o vehículo ía parar en Pedrafita do Cebreiro. Segundo o autor da protesta, o motivo é que pronunciou o topónimo "en galego", sinala o traballador.
O PNV advirte de que non negociará os Orzamentos do Estado co PP mentres o 155 siga vixente en Catalunya. Recólleo eldiario.es
A CIG celebrou este martes unha asemblea con persoal de Servicarne que traballa nas instalacións de Frigolouro no Porriño para informar sobre a resolución da Inspección de Traballo que obriga a falsa cooperativa a dalos de alta no réxime xeral de Seguridade Social. Os traballadores e traballadoras deberán presentar reclamacións individuais para que lles devolvan as cotas de autónomo/a. A industria cárnica galega estaba a cometer unha fraude con ao redor de 1.500 falsos autónomos e autónomas.
Un xulgado ordena eliminar a ferramenta dixital que permitía ler Fariña a través da versión online de El Quijote. A aplicación fora lanzada hai dúas semanas polo Gremio de Librerías de Madrid como resposta ao secuestro do libro de Nacho Carretero
O alcalde de Touro xustifica rachar no pleno municipal as queixas veciñais a respecto da mina de cobre que a empresa San Rafael pretende volver explotar na contorna. "De actitude chulesca, nada, demasiado aguanto xa", di Ignacio Codesido (PP) sobre as imaxes recollidas por Nós TV.
O Concello de Vigo asume a xestión directa do infrautilizado Auditorio Mar de Vigo tras a quebra da concesionaria. O edificio custou 90 millóns de euros, dos que a Xunta puxo 18, o Concello 12 e o resto a concesionaria.
ANC, Òmnium, CCOO e UGT convocan unha manifestación en defensa dos presos independentistas. Terá lugar o vindeiro 15 de abril en Barcelona.
O Festigal anuncia a inclusión do rapeiro Valtonyc no seu cartel de 2018 "para reivindicar a liberdade de expresión". O cantante foi condenado a 3 anos e medio de prisión acusado de inxurias ao rei e enaltecemento do terrorismo.
ÚLTIMA HORA | Abanca compra Deutsche Bank en Portugal, segundo vén de anunciar á CNMV. Consulta aquí toda a información da operación impulsada pola entidade herdeira das desaparecidas grandes caixas galegas.