VÍDEO | O alcalde da Baña, Andrés García (PP) rexeita que o Concello se adhira á campaña En negro contra as violencias machistas porque "o 99% dos concellos" que a promoven son "de populismos". O rexedor xustificou así a súa negativa á proposta promovida polo concelleiro de Compromiso por Galicia, César Ramos, para sumarse á iniciativa lanzada en 2015 dende Santiago e actualmente secundada por 102 concellos de todas as cores políticas.
Fálase
ENQUISA | O PSOE mantense como primeira forza en intención de voto cara ás eleccións xerais mentres que o PP, segundo, arríscase a caer por baixo dos 100 escanos. Ciudadanos duplicaría a súa representación a respecto de 2016 e Unidos Podemos e as confluencias perderían uns 20 escanos. Segundo o inquérito de Celeste-Tel para eldiario.es, o apoio de Podemos, PNV e ERC sería dabondo para que Sánchez seguise a gobernar.
O BNG preguntará no vindeiro pleno do Parlamento á Xunta "se lle parece decente que o Goberno de Rajoy atrasase deliberadamente a construción das fragatas" en Ferrol "para favorecer os intereses do ex-ministro de Defensa". O Bloque considérao "unha corruptela gravísima con risco para centos de postos de traballo", afirmou a súa vicevoceira, Olalla Rodil.
Só Ciudadanos apoiará a lei promovida polo PP para prohibir que cargos e institucións catalás exhiban lazos amarelos en apoio aos dirixentes independentistas encarcerados. Consulta aquí o texto proposto polos populares.
Alcoa, disposta a escoitar ofertas de compra das fábricas da Coruña e Avilés durante o período de negociación do ERE, que agora di poder ampliar se o persoal accede a negociar. Avánzao a SER en Asturias ao fío da xuntanza en Madrid da compañía co persoal da factoría de Avilés. Máis información, hoxe en Praza.gal
O Goberno central propón prohibir a venda de coches diésel, gasolina e híbridos en 2040, en liña co que prevén outros países europeos. Así o recolle un borrador da Lei de Cambio Climático, que quere que en 2030 o 70% da electricidade proveña de fontes renovables.
Miguel Cardoso, novo adestrador do Celta tras a destitución de Antonio Mohamed
Xa se pode ver o vídeo que resume a Marcha Sada-Meirás que o pasado sábado esixiu a recuperación para o patrimonio público do pazo ocupado pola familia do ditador Francisco Franco.
Este luns inaugurouse a Residencia Universitaria Elvira Bao, da Universidade da Coruña, que contará con 118 prazas. A cidade era a única en Galicia que carecía de residencia universitaria pública. Foi impulsada polo Concello e a Deputación xunto á UDC.
Asociacións de memoria histórica e En Marea reclaman que o Goberno central retire seis medallas honoríficas a Francisco Vázquez, ex-alcalde da Coruña e antigo embaixador de España ante o Vaticano.