O M5S e a Liga Norte acordan un novo goberno con Giuseppe Conte como Primeiro Ministro e outro responsable de Economía, desprazando a Paolo Savona -rexeitado polo Presidente da República pola súa posición contraria ao euro- a outra carteira
Fálase
Rosario Álvarez, nova presidenta do Consello da Cultura Galega. A catedrática de Filoloxía Galega substituirá a Ramón Villares na fin do seu mandato.
Estados Unidos anuncia novos aranceis para a Unión Europea, que anuncia que responderá con novas restricións aos produtos estadounidenses.
A Xunta aproba o decreto de axudas aos afectados pola explosión do almacén pirotécnico de Tui. Os solicitantes só terán que acreditar o título de propiedade da vivenda e o Concello de Tui que se trata dunha das vivendas afectadas.
Feminicidio.net inicia a publicación dunha serie de informes sobre a violencia sexual en España, cunha análise sobre as agresións sexuais múltiples producidas nos últimos anos ou da influencia da pornografía.
Rosalía Iglesias, dona de Bárcenas, xunta os 200.000 da fianza que lle permitirán saír en liberdade provisional mentres a sentenza do caso Gürtel, que a condenou a 15 anos de prisión, non é definitiva. Está a contalo eldiario.es
O Observatorio contra a Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial estuda por primeira vez algúns asasinatos de mulleres máis aló dos cometidos por parellas ou exparellas, destacando que son casos nos que o xénero "era o que facía vulnerable" á muller. A ampliación do concepto de violencia de xénero a outros feminicidios é unha das demandas do movemento feminista
A estación violenta, de Anxos Fazáns, estréase este xoves na sala Numax de Santiago. Hai uns meses entrevistamos a súa directora: “A desesperanza está moi presente porque é difícil crer nun futuro que che dá tan poucas oportunidades”.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia inicia na tarde deste mércores o seu ciclo de debates cunha primeira sesión titulada “Ten cona o audiovisual galego?”. A partir das 20.00 horas na cafetería do Auditorio de Galicia, en Santiago.
A dona de Luis Bárcenas, Rosalía Iglesias, quedará en liberdade se paga 200.000 euros de fianza. Así o vén de decretar o tribunal da Gürtel tras condenala a 15 anos de prisión. Está a contalo eldiario.es