Pedro Sánchez anunciará a data das eleccións xerais este venres ás 10 da mañá nunha declaración institucional tras un Consello de Ministros extraordinario. A data máis probable é a do 28 de abril.

Pedro Sánchez anunciará a data das eleccións xerais este venres ás 10 da mañá nunha declaración institucional tras un Consello de Ministros extraordinario. A data máis probable é a do 28 de abril.
Celsa Díaz Cabanela, nomeada republicana de honra 2019. A distinción é concedida pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, cuxa asemblea decidiu escoller a esta muller que foi expedientada e estivo presa polas súas actividades políticas no antigo cárcere da Coruña.
O TSXG dá por "finalizado" o preito do edificio Conde de Fenosa da Coruña tras homologar os acordos de mediación que evitaron a derruba e un gasto millonario para o Concello. O tribunal asegura que "a legalidade urbanística municipal considérase restablecida" a través do pacto.
Feijóo di non ter aínda “información axeitada” sobre se a Xunta facilitará ou non ás mulleres a folga feminista do próximo 8 de marzo. Tras a do pasado ano o Goberno galego recibiu varias condenas por dificultala con servizos mínimos inxustificadamente elevados.
VÍDEO | O consultorio de Vinte xa ten segunda edición. Lucía Aldao, Iria Pinheiro e María Lado responden outra morea de inquietudes en Ti fai o que eu che diga
O líder de Democracia Ourensana acusa un policía local de tentar atropelalo. O axente nega os feitos e anuncia unha denuncia por "coaccións e acoso" contra Gonzalo Pérez Jácome. Está a contalo a edición ourensá de Faro de Vigo Na imaxe, o suposto incidente, divulgada por DO.
Iria Pinheiro, premio Maruxa Villanueva de teatro. O ditame do galardón, que impulsa o Concello de Padrón, destaca a "valentía" da actriz "na reivindicación do feminismo e na capacidade para empregar a arte e a visibilidade como actriz para causas xustas e necesarias". Iria Pinheiro, tamén colaboradora de Vinte, debullou o seu traballo na obra nesta entrevista con Praza.gal
O 28 de abril, data máis probable das eleccións xerais anticipadas. É o cálculo co que traballa Pedro Sánchez cara ao Consello de Ministros de mañá, segundo informa eldiario.es
O Parlamento aproba por iniciativa do PP unha declaración de apoio a Juan Guaidó como "representante lexítimo do pobo" de Venezuela. A proposta tivo tamén os votos a prol do PSdeG e En Marea e BNG votaron en contra, negativa pola que o popular Miguel Tellado os descualificou como "novos fachas".
A Fiscalía investiga dous policías locais de Pontevedra por manipular semáforos durante a carreira do San Silvestre para, presuntamente, xerar problemas no tráfico. É unha información de Pontevedra Viva (Na imaxe, un intre desta proba deportiva en 2017)