A Marcha a Monte Pío na defensa dos servizos públicos achégase xa á residencia oficial do presidente da Xunta, onde se celebrará unha "chourizada" de protesta contra os recortes aos funcionarios. Imaxe de @xabiervillares.

A Marcha a Monte Pío na defensa dos servizos públicos achégase xa á residencia oficial do presidente da Xunta, onde se celebrará unha "chourizada" de protesta contra os recortes aos funcionarios. Imaxe de @xabiervillares.
Interior quere prohibir que se tomen imaxes de policías nas manifestacións. Cóntao El Diario.
#eleccións21O A Xunta informa de que habilita "transporte institucional gratuíto en 130 concellos" para ir votar nas eleccións do domingo
Julián Hernández escríbelle unha carta aberta a Núñez Feijoo sobre as súas descualificacións aos "nacionalistas que tocan pianos". O líder de Siniestro Total lémbralle que "a música non é precisamente a nena bonita dentro dos intereses culturais non só de Galicia, senón de toda España. E agora vostede introduce a palabra pianista como descualificación nos seus discursos".
Un exdirectivo de Novacaixagalicia di que era Pego quien informaba dos contratos ao consello e ao Banco de España. Óscar Rodríguez Estrada tamén terá que comparecer cada quince días nos xulgados.
Os pais consideran a folga no ensino "un éxito" a nivel estatal. A Ceapa cifra o seguimento do paro entre "o 70% e o 80%", mentres o Ministerio de Educación rebáixao ao 23%.
Detido un cabo da Policía Local e un alcalde pedáneo de Lugo e un empresario no marco da operación Pokemon. O número de arrestados elévase a 25.
#consellodaxunta O derradeiro Consello antes das eleccións aproba a "Estratexia Galega de Acuicultura". Este plan permite instalar piscifactorías en calquera punto da costa galega. Asegura Feijóo que este proxecto permitirá que o país recupere "o liderado" no sector.
#consellodaxunta Feijóo asegura que queda "aprobada definitivamente" a Axencia Tributaria Galega. Anunciouse catro veces ao longo da lexislatura. Na mesma comparecencia dá por constatado que o Goberno galego é a Administración que paga facturas "coa maior dilixencia de España", baseándose nun informe interno de Facenda.
A CIG confirma que secundará a folga xeral xunto a CCOO e UGT. O seu secretario xeral, Suso Seixo, afírmao na presentación dunha Alianza Social Galega que "terá unha participación activa" no 14N e que nace "con vocación de permanencia".