Un exdirectivo de Novacaixagalicia di que era Pego quien informaba dos contratos ao consello e ao Banco de España. Óscar Rodríguez Estrada tamén terá que comparecer cada quince días nos xulgados.
Fálase
Os pais consideran a folga no ensino "un éxito" a nivel estatal. A Ceapa cifra o seguimento do paro entre "o 70% e o 80%", mentres o Ministerio de Educación rebáixao ao 23%.
Detido un cabo da Policía Local e un alcalde pedáneo de Lugo e un empresario no marco da operación Pokemon. O número de arrestados elévase a 25.
#consellodaxunta O derradeiro Consello antes das eleccións aproba a "Estratexia Galega de Acuicultura". Este plan permite instalar piscifactorías en calquera punto da costa galega. Asegura Feijóo que este proxecto permitirá que o país recupere "o liderado" no sector.
#consellodaxunta Feijóo asegura que queda "aprobada definitivamente" a Axencia Tributaria Galega. Anunciouse catro veces ao longo da lexislatura. Na mesma comparecencia dá por constatado que o Goberno galego é a Administración que paga facturas "coa maior dilixencia de España", baseándose nun informe interno de Facenda.
A CIG confirma que secundará a folga xeral xunto a CCOO e UGT. O seu secretario xeral, Suso Seixo, afírmao na presentación dunha Alianza Social Galega que "terá unha participación activa" no 14N e que nace "con vocación de permanencia".
#consellodaxunta Feijóo inicia a derradeira rolda posterior ao Consello antes das eleccións comparando o "balance" de lumes forestais entre a lexislatura do bipartito e a actual. "Tivemos a metade de superficie afectada polos lumes".
Fútbol. Copa do Rei. O Celta xogará ante o Almería e o Deportivo contra o Mallorca nos dezaseisavos de final da competición.
Preséntase en Compostela a Alianza Social Galega, que agrupa os tres principais sindicatos e a máis de 60 colectivos. Máis información, durante esta mañá en Praza.
Persoeiros da cultura dan o seu apoio a Alternativa Galega de Esquerda. Rexina Vega, Alonso Montero, Xosé Lois Vilar e Álvarez Cáccamo amosan en Vigo a súa aposta pública pola coalición de cara ás eleccións do domingo. Imaxe de @rubenperezeu