Fútbol. Copa do Rei. O Celta xogará ante o Almería e o Deportivo contra o Mallorca nos dezaseisavos de final da competición.
Fálase
Preséntase en Compostela a Alianza Social Galega, que agrupa os tres principais sindicatos e a máis de 60 colectivos. Máis información, durante esta mañá en Praza.
Persoeiros da cultura dan o seu apoio a Alternativa Galega de Esquerda. Rexina Vega, Alonso Montero, Xosé Lois Vilar e Álvarez Cáccamo amosan en Vigo a súa aposta pública pola coalición de cara ás eleccións do domingo. Imaxe de @rubenperezeu
Queremos Galego anima a converter en trending topic de Twitter este mediodía, entre as 12:00 e as 13:00, o hashtag #OHomeQueOrdenouAMaiorDestruciónDeLibrosEnGalegoDesde1936NonMereceSerReelixidoPresidenteDaXunta
Os traballadores de El País convocan folga os días 25, 26, 27, 28 e 31 de outubro e 2, 6, 7 e 8 de novembro. Ao tempo, o xornal comunícalles por email os despedimentos aos xornalistas afectados. O Comité de empresa difunde un gráfico cos beneficios do xornal nos últimos anos: 851 millóns en 12 anos.
Cinco despachos de abogados únense para demandar á banca polas preferentes. O obxectivo é promover accións individuais pola vía civil, xa que as reclamacións colectivas e penais non están prosperando.
Cultura contra a Mentira concentrouse onte pola tarde en Compostela contra os recortes en cultura realizados polo Partido Popular. Os manifestantes estaban convocados a marchar do Toural á Quintana atados e con bolsas de plástico na cabeza.
Novagalicia nega que vaia liquidar EVO Bank, pero si que o venderá. A entidade galega está disposta a vender unha rede de 120 oficinas e que conta con 640 traballadores.
A CEOE pide "sensatez" aos sindicatos para non convocar folga xeral. A patronal asegura que "non ten moito sentido" un paro "no momento máis inoportuno".
Os traballadores de El País protestan contra Cebrián a Moreno a través de mensaxes nos crucigramas publicados no xornal como "Los cuadros de izquierdas están en huelga", "Te tendrás que arreglar sin ellos" ou "Pegar puñetazo en la mesa"