Cultura contra a Mentira concentrouse onte pola tarde en Compostela contra os recortes en cultura realizados polo Partido Popular. Os manifestantes estaban convocados a marchar do Toural á Quintana atados e con bolsas de plástico na cabeza.

Cultura contra a Mentira concentrouse onte pola tarde en Compostela contra os recortes en cultura realizados polo Partido Popular. Os manifestantes estaban convocados a marchar do Toural á Quintana atados e con bolsas de plástico na cabeza.
Novagalicia nega que vaia liquidar EVO Bank, pero si que o venderá. A entidade galega está disposta a vender unha rede de 120 oficinas e que conta con 640 traballadores.
A CEOE pide "sensatez" aos sindicatos para non convocar folga xeral. A patronal asegura que "non ten moito sentido" un paro "no momento máis inoportuno".
Os traballadores de El País protestan contra Cebrián a Moreno a través de mensaxes nos crucigramas publicados no xornal como "Los cuadros de izquierdas están en huelga", "Te tendrás que arreglar sin ellos" ou "Pegar puñetazo en la mesa"
Ao redor de 15 mil persoas manifestáronse en Ferrol polo futuro do sector naval. Na manifestación participaron os líderes da CIG, Suso Seixo; UGT, José Antonio Gómez, e CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión.
Manuel Rivas presentou na Coruña a súa nova novela, As voces baixas, acompañado de Méndez Ferrín
Un fallo eléctrico aféctalles ás instalacións da Fundación Torrente Ballester, en pleno recinto histórico de Santiago, na rúa do Vilar. Os bombeiros xa traballan no edificio de cuxo soto sae fume. Pero descártase que se xa un incendio.
O debate televisado das eleccións vascas entre PNV, EH-Bildu, PSE, PP, EB e UPyD, moderado polo xornalista galego Dani Álvarez, estivo centrado na crise e na independencia e non deixou gañadores claros. Destacaron os enfrontamentos entre Urkullu e López e entre Basagoiti e Mintegi
The Guardian desmente que vaia abandonar a súa edición impresa de inmediato, como hoxe publicou The Telegraph. The Guardian é o xornal británico de referencia e tense convertido nun dos máis lidos na rede, tanto no Reino Unido coma nos Estados Unidos. Os seus responsables aseguran apenas que “como calquera outro diario” se atopan nunha fase de transición entre o papel e o dixital.
Estudantes reciben a Feijóo con protestas á chegada ao seu mitin en Pontevedra. Imaxe de @RicardRguez