The Guardian desmente que vaia abandonar a súa edición impresa de inmediato, como hoxe publicou The Telegraph. The Guardian é o xornal británico de referencia e tense convertido nun dos máis lidos na rede, tanto no Reino Unido coma nos Estados Unidos. Os seus responsables aseguran apenas que “como calquera outro diario” se atopan nunha fase de transición entre o papel e o dixital.
Fálase
Estudantes reciben a Feijóo con protestas á chegada ao seu mitin en Pontevedra. Imaxe de @RicardRguez
O bispo de Donostia considera unha “emerxencia educativa” o ateísmo xuvenil e cre necesario "espirito misioneiro" para "evanxelizar" a secularizada España
Rajoy evitará que a petición de rescate se produza no cumio europeo que comeza este xoves. O presidente do Goberno tentará gañar tiempo para non activar a petición antes das eleccións galegas, pero pechará os últimos detalles para para acceder aos emprétito europeo nas vindeiras semanas.
A axencia de cualificación Standard&Poor's rebaixa a nota da débeda de Galicia. En El País.
O colectivo Sei o que nos figestes... lanza unha parodia do vídeo musical da campaña do PP e anima a votar a forzas políticas que non sexan os populares
ADEGA recorre o auto de sobresemento da denuncia penal contra o alcalde de Barreiros e arquitecta municipal por concesión ilegal de licencias de obra. Advírtelle ao Concello de Barreiros e á Xunta que poñerá "todo o seu esforzo e empeño en que estas actuacións non queden impunes".
CCOO e UGT convocarán folga xeral para o 14 de novembro. Ratificarán este venres a convocatoria para a data na que tamén haberá un paro en Grecia e Portugal. Cóntao El Diario. A CIG xa advertira que se uniría.
O contratos de Pemex con estaleiros galegos son unha promesa política de hai cinco anos. Así o asegura en México o diario Contralínea nunha ampla reportaxe na que afirma que o presidente Calderón leva a cabo así un compromiso feito polo falecido Juan Camilo Mouriño a empresas galegas. A información dá detalles sobre os polémicos acordos entre a Xunta e a petroleira estatal mexicana.
A Audiencia Nacional imponlle a Gorriarán comparecencias cada quince días. Foi despois de que a Fiscalía Anticorrupción pedise a retirada do pasaporte do ex directivo de Novagalicia Banco.