Yuri Fraccaroli analiza para o IGADI a situación política en Brasil e as dificultades que está atravesando Dilma Rousseff, con malos resultados económicos, un baixo nivel de popularidade e manifestacións contra ela convocadas para este domingo 15 de marzo, e apoiadas por sectores dereitistas.
Fálase
A presidenta do Parlamento expulsa do pleno a deputada do BNG Carme Adán por esixir intervir 10 minutos no debate dunha interpelación, como marca o Regulamento. Pilar Rojo apela a un acordo do inicio da lexislatura que o Bloque ve "roto" e os nacionalistas lamentan o "abuso de poder" da presidenta. Todo o grupo do BNG abandonou a sesión como sinal de protesta.
Rouco Varela enviou un SMS tras o 11-M: "Todos a votar. Perdemos. Pásalo". Así o asegura o ex ministro José Bono nas súas memorias, segundo afirmou nunha entrevista na Cadena SER.
O blog de Público 4º Poder en Red entrevista Juan Jesús Sánchez Manzano, xefe dos Tedax durante os atentados do 11-M, que destaca que “dende o principio soubemos que non fora ETA”. Afirma que “o 11-M mostrou que en España hai unha potente maquinaria para manipular a opinión pública”
A Consellaría de Sanidade publicará finalmente o informe da Comisión de Bioética que fora inicialmente censurado. A Xunta comprométese ademais a modificar a composición da comisión, hoxe presidida por un cargo político.
O Concello de Ribadeo pide non impoñer un cupo diario para acceder á praia das Catedrais. Como alternativa, propón instalar un posto de control que vete o acceso en momentos determinados
Os sindicatos celebraron en Ferrol divididos, un ano máis, o 10 de marzo. Ademais, o alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, foi apupado no momento de realizar a ofrenda floral no monumento dedicado a Amador e Daniel.
Dous mozos son condenados a dez meses de cadea por darlle unha malleira a un rapaz homosexual no Cantón Grande, na Coruña. O xuíz Vázquez Taín critícalle ao fiscal que impedise aplicar o agravante de motivos homófobos e denuncia "a benevolencia coa que se tratou un tema tan grave"
Pedro Morenés recoñece que asinou 32 contratos coa súa antiga empresa dende que é ministro de Defensa. Só tres deles suman un importe de máis de sete millóns de euros.
Andorra intervén o banco BPA por presunto blanqueo de cartos. É a mesma entidade que axudou a familia Pujol a regularizar a herdanza do patriarca Florenci Pujol a través da súa filial española Banco de Madrid, que onte foi intervida tamén polo Banco de España