O TSXG acorda procesar a Pachi Vázquez por prevaricación durante a súa etapa de alcalde no Carballiño.
Fálase
O Fórum Metropolitano da Coruña acolle este luns o Acto Inaugural da Exposición Itinerante ARTEPAZ 2015, que conmemora o 30 aniversario do SGEP. No acto, que comezará ás 18.30 horas, participará o ex director xeral da UNESCO Federico Mayor Zaragoza.
11 espazos galegos de coworking organizan de forma conxunta os Coworking Days, entre este martes 27 e o venres 30. Cada un destes espazos realizará xornadas de portas abertas, charlas, presentacións e outras actividades para dar a coñecer o seu funcionamento e as vantaxes do coworking.
Xa hai goberno en Grecia. Syriza chega a un acordo con Gregos Independentes, que vén de afirmar que pactará coa coalición de esquerdas, gran vencedora das eleccións no país heleno e que quedou a un paso da maioría absoluta.
Vén de comezar en Pontevedra a xornada Social Media Day (#CMDayFCSC) na que expertas galegas en comunicación online e uso das redes sociais nas empresas explicarán as tendencias dun sector en continuo cambio.
Combatentes do Kurdistán anuncian a vitoria sobre o ISIS no enclave estratéxico de Kobane, na fronteira entre Siria e Turquía. Cóntao a BBC
A vitoria de Syriza ocupa primeiras páxinas na prensa europea, tamén no Estado español e en Galicia. O titular da prensa madrileña que está a ser máis comentado é o de La Razón, que deu en crear a verba Desgrecia.
Feijóo volve evitar afirmar que será candidato á Xunta en 2016 e afirma que ten pactados os candidatos das cidades galegas con Rajoy dende o mes de xullo. Asegúrao nunha entrevista en La Voz
Haberá eleccións anticipadas en Andalucía o 22 de marzo. Susana Díaz comunica a IU que rachará o acordo de goberno e convocará os comicios mañá luns.
O presidente de Novas Xeracións "cruza os dedos" para que Syriza non obteña a maioría absoluta.