A disolución de empresas en Galicia sobe un 60% en xullo, fronte ao aumento dun 12% na apertura de negocios. Máis de 110 compañías pecharon no país.
Fálase
A CNMV prevé sancionar a 6 de cada 10 entidades que venderon preferentes. Abrirá dous expedientes máis en setembro e outros dous antes de finalizar o ano.
#consellodaxunta Feijóo di que o BNG "ten envexa" da manifestación independentista da Diada de Catalunya, pero "a inmensa maioría dos galegos" non a sente. Engade ademais que "un non pode declararse independente da realidade" e Catalunya, como "Galicia ou Andalucía" pertence a España "dende hai 500 anos", asegura.
#consellodaxunta Cesan nos seus cargos o director xeral do gabinete da Presidencia, Álvaro Pérez, a secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, a directoral xeral de Comercio, Nava Castro, e os superdelegados da Coruña, Belén do Campo, Lugo, Raquel Arias, e Pontevedra, José Manuel Cores, para formar parte das listas electorais do PP
#consellodaxunta A Xunta asinará un patrocino de 10,7 millóns con Citroën para que as furgonetas eléctricas fabricadas na factoría de Vigo leven impresa "a marca Galicia"
Persoal da Xunta concéntrase no interior de San Caetano en protesta polos recortes
Rolda conxunta dos sindicatos educativos para criticar os recortes no ensino público ante San Caetano.
Fallo histórico nas P2P: un xulgado de California determina que un abonado non é responsable do "uso indebido" do wifi por terceiros. Até agora as demandas xudiciais por descargas de contidos con dereitos de autor sempre se basean na identificación da IP.
Un grupo de manifestantes asalta a embaixada norteamericana no Iemen en protesta polo filme que supostamente denigra a relixión musulmá
La Información publica un completo dicionario de termos parlamentarios, útil para seguir con maior facilidade os debates tanto do Congreso dos Deputados como do Parlamento de Galicia.