A provincia de Lugo sufriu esta mañá un tremor de terra de magnitude 2,9 con epicentro no Corgo. O pequeno terremoto produciuse ás 11:18, segundo o IGN.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/54e5ce2f73b5c-1317937.gif)
A provincia de Lugo sufriu esta mañá un tremor de terra de magnitude 2,9 con epicentro no Corgo. O pequeno terremoto produciuse ás 11:18, segundo o IGN.
Decretan a alerta biolóxica no cárcere da Lama por un sobre con po sospeitoso, segundo adianta Faro de Vigo
O Congreso aproba o acordo antiterrorista pactado por PP e PSOE sen lograr novos apoios. Recólleo El Diario
O PP rexeita que a Deputación de Lugo declare a conselleira de Sanidade "persoa non grata" por vetar a atención a infartos 24 horas e atrasar a instalación dos equipos de radioterapia e medicina nuclear no HULA. Dada a inexistencia de unanimidade a reprobación non será votada como declaración institucional, senón como moción que apoiarán PSdeG e BNG.
Feijóo e o presidente de Portugal, Cavaco Silva, asinan esta mañá na sede da RAG un "memorando de entendemento" para que o portugués sexa "lingua de opción e avaliación" no sistema educativo galego. A sinatura chega case un ano despois da aprobación no Parlamento da Lei Paz Andrade
Equo e Libera intégranse tamén na Marea Atlántica. A asemblea de Equo aproba co 82% dos votos diluírse na plataforma cidadá, que xa contaba co apoio de Anova, EU, CxG ou Espazo Ecosocialista e que agarda a decisión de Podemos.
Traballadores acusan Alcoa de provocar perdas para forzar o peche da fábrica coruñesa. Denuncian que boa parte da produción segue almacenada e que a planta perdeu 2 millóns en xaneiro.
Juncker admite que a UE "pecou contra a dignidade de Grecia, Irlanda e Portugal". O presidente da Comisión critica agora a actuación da troika, mentres Tsipras asume algúns compromisos ante a forte presión internacional.
Feijóo ofrece a Colombia un pacto semellante ao asinado con Pemex e ve "importantes perspectivas de investimento" na automoción.
O traslado do barco á rotonda de Coia acaba con cargas policiais e disturbios. Caballero impón a súa intención e coloca o Alfageme no barrio vigués malia as protestas veciñais. Toda a información, esta mañá en Praza.