The Guardian e The Washington Post gañan o premio Pulitzer polas revelacións de Snowden sobre o NSA. Tamén foi premiada a organización sen ánimo de lucro Center for Public Integrity.
Fálase
Alumnos das Aulas Tecnópole gañan o premio especial da Exporecerca, o maior certame científico escolar de España, para viaxar á feira tecnolóxica de Los Ángeles. A súa investigación, que xa participara en Galiciencia, centrouse nun sistema de detección de chuvia aceda en solos e plantas e os métodos para contrarrestar os seus efectos
A Mesa apoia a petición de "dimisión ou cesamento" de Valentín García como secretario xeral de Política Lingüística. A entidade adhírese á reclamación do profesorado do Celga.
El Mundo Today responde á denuncia de Mariló Montero (TVE) explicándolle que "debería abondar con ler un ou dous titulares para deducir" que os seus contidos son de "humor e ficción". Recólleo Vertele
O Museo do Pobo Galego agradece a concesión do Pedrón de Ouro 2014
Varios buzóns de Correos apareceron esta mañá en Galicia pintados coas cores da bandeira da II República. Na imaxe, un en Compostela (foto: @DReinero)
A Xunta informa dun incendio no Concello da Capela, nomeadamente na parroquia da Capela, á que corresponden parte das Fragas do Eume. As Fragas xa sufriron os efectos do lume hai dous anos.
O Concello de Sarria retira unha pancarta colocada pola plataforma veciñal contra as obras no río dun lugar no que, denuncian, permiten "cartelaría doutros eventos".
Suso de Toro cre que "Cataluña xa e unha nación autodeterminada". O escritor galego reflexiona sobre o proceso soberanista e compárao coa situación galega nunha entrevista en VilaWeb. "Galicia non ten clase dirixente", di.
A Asemblea Republicana de Vigo chama a manifestarse este luns, a partir das 20 horas, a prol da República. A publicidade desta convocatoria foi vetada pola empresa de autobuses Vitrasa