Hai 111 anos, o 6 de outubro de 1907, en Betanzos, Manuel Lugrís Freire empregaba por primeira vez o galego nun acto politico. Na imaxe, xunto á bandeira e Castelao nunha homenaxe a este en 1932.

Hai 111 anos, o 6 de outubro de 1907, en Betanzos, Manuel Lugrís Freire empregaba por primeira vez o galego nun acto politico. Na imaxe, xunto á bandeira e Castelao nunha homenaxe a este en 1932.
Oito membros do Parlamento Europeo, entre eles a galega Ana Miranda (BNG), piden unha entrevista ao papa Francisco para pedirlle que impida o traslado dos restos de Franco á catedral da Almudena, situada no centro de Madrid, ao carón do Palacio Real desa cidade.
O Goberno central liquida o imposto ao sol, amplía o bono social e suspende impostos para tentar abaratar a luz un 4%. Tamén prohibe o 'porta a porta' para a captación de clientes que pasen da tarifa regulada ao mercado libre, máis caro. En Galicia o gasto dos fogares no recibo da luz disparouse un 60% na última década.
A Policía invitou a Billy el Niño a celebrar o patrón do corpo nunha comisaría, segundo revela eldiario.es. O seu é un máis dos moitos casos de acusados de torturas durante o franquismo que permanecen impunes ante a xustiza española. Horas despois de transcender a noticia, Interior abriu un expediente disciplinario ao comisario que o convidou.
Medio Rural revela un incendio en Nogueira de Ramuín que atinxe a unhas 75 hectáreas e outro en Muíños de 8 hectáreas que afecta ao parque natural do Xurés. Nos últimos días producíronse outros incendios divulgados por bombeiros e axentes forestais, pero dos que a Xunta non informou en aplicación das habituais restricións informativas ao respecto. Na imaxe, o incendio de Muíños (Brif Laza)
Persoal da CRTVG comeza as protestas do vixésimo venres negro. "Dezanove venres reclamando que se cumpra a lei. Escoitarán por fin no vixésimo?", pregúntanse dende Defende a Galega.
A alianza de ultradereita que impulsa o estadounidense Steve Bannon en Europa apunta a Pablo Casado: "Non están lonxe das nosas reivindicacións". Unha información de Andrés Gil para eldiario.es
Tomiño e Vila Nova de Cerveira constitúen oficialmente a nova eurocidade Tomiño-Cerveira. O acto celebrouse na Ponte Internacional da Amizade, sobre o Miño, e culmina "moitos anos de irmandamento" entre ambos municipios.
O Consello da Xunta aproba a regulación urbanística da nova estación de tren de Vigo-Urzáiz, que xa conta tamén con todos os permisos de Adif para iniciar a súa construción. As súas obras comezarán sete anos despois de derrubarse a anterior.
O PP de Verín cre que o Concello eliminou actividades deportivas "dirixidas a nenas" por desaparecer a oferta de "zumba, aerobic, tenis ou atletismo" nunha das franxas de idade. O xornal La Región recolle a crítica do ex-alcalde da vila e actual senador por designación do Parlamento, Juan Manuel Jiménez -na imaxe, nun mitin en 2016-.