O Consello da Xunta aproba a regulación urbanística da nova estación de tren de Vigo-Urzáiz, que xa conta tamén con todos os permisos de Adif para iniciar a súa construción. As súas obras comezarán sete anos despois de derrubarse a anterior.

O Consello da Xunta aproba a regulación urbanística da nova estación de tren de Vigo-Urzáiz, que xa conta tamén con todos os permisos de Adif para iniciar a súa construción. As súas obras comezarán sete anos despois de derrubarse a anterior.
O PP de Verín cre que o Concello eliminou actividades deportivas "dirixidas a nenas" por desaparecer a oferta de "zumba, aerobic, tenis ou atletismo" nunha das franxas de idade. O xornal La Región recolle a crítica do ex-alcalde da vila e actual senador por designación do Parlamento, Juan Manuel Jiménez -na imaxe, nun mitin en 2016-.
A XXX Cimeira Hispano-Lusa celebrarase o 21 de novembro en Valladolid, segundo informou o alcalde da capital castelá, o socialista Óscar Puente, portavoz do PSOE. Será un ano e medio despois da última, celebrada en maio do ano pasado en Vila Real.
O FMI defende a reforma laboral do PP e carga contra a posibilidade de que as pensións suban tanto como os prezos.
O Supremo confirma a condena a 4 anos de prisión para o ex-ministro Rato polas tarxetas black de Caja Madrid. Ratifica ademais as condenas para outros 63 directivos da desaparecida caixa madrileña.
O Goberno portugués advirte de que seguirá a mudar a hora no inverno e no verán: "Não vejo razão para contrariar a ciência", afirmou o primeiro ministro, António Costa, nunha entrevista na TVI en referencia a un informe do Observatorio Astronómico de Lisboa que recolle Público.
Unha investigación do New York Times atribue á fraude fiscal parte da fortuna de Donald Trump.
A tensión política do 1-O incrementa a presión sobre Pedro Sánchez e pon en cuestión os seus apoios para o que resta de lexislatura. Análise de Gonzalo Cortizo e Irene Castro en eldiario.es
Cancelado un coloquio co narco Laureano Oubiña que estaba previsto na facultade de Dereito de Santiago organizado polo colectivo Students For Liberty. Nun comunicado divulgado nas súas redes sociais, a organización atribúe a cancelación a motivos "alleos" a ela e subliña a súa "defensa da liberdade de expresión".
Feijóo asegura rexeitar o uso da lingua "como arma política e de confrontación". Afirmouno nunha xornada de recepción dos auxiliares de conversa dos centros de ensino, celebrado hoxe en Santiago.