O FMI defende a reforma laboral do PP e carga contra a posibilidade de que as pensións suban tanto como os prezos.

O FMI defende a reforma laboral do PP e carga contra a posibilidade de que as pensións suban tanto como os prezos.
O Supremo confirma a condena a 4 anos de prisión para o ex-ministro Rato polas tarxetas black de Caja Madrid. Ratifica ademais as condenas para outros 63 directivos da desaparecida caixa madrileña.
O Goberno portugués advirte de que seguirá a mudar a hora no inverno e no verán: "Não vejo razão para contrariar a ciência", afirmou o primeiro ministro, António Costa, nunha entrevista na TVI en referencia a un informe do Observatorio Astronómico de Lisboa que recolle Público.
Unha investigación do New York Times atribue á fraude fiscal parte da fortuna de Donald Trump.
A tensión política do 1-O incrementa a presión sobre Pedro Sánchez e pon en cuestión os seus apoios para o que resta de lexislatura. Análise de Gonzalo Cortizo e Irene Castro en eldiario.es
Cancelado un coloquio co narco Laureano Oubiña que estaba previsto na facultade de Dereito de Santiago organizado polo colectivo Students For Liberty. Nun comunicado divulgado nas súas redes sociais, a organización atribúe a cancelación a motivos "alleos" a ela e subliña a súa "defensa da liberdade de expresión".
Feijóo asegura rexeitar o uso da lingua "como arma política e de confrontación". Afirmouno nunha xornada de recepción dos auxiliares de conversa dos centros de ensino, celebrado hoxe en Santiago.
O San Froilán de Lugo incorpora un "punto violeta" para advertir de posibles agresións machistas e varios "espazos seguros" máis durante as festas, que tamén incorporan liñas de autobús nocturno de balde con paradas baixo demanda para evitar situacións de acoso. Anunciouno hoxe o Concello lucense.
Quim Torra Torra ameaza a Sánchez con retirarlle o apoio no Congreso se non negocia antes de novembro a celebración dun referendo de autodeterminación "pactado e vinculante" en Catalunya.
Carolina Bescansa anuncia que se presentará ás primarias para liderar Podemos Galicia. A deputada compostelá chega a Galicia para competir pola secretaría xeral co parlamentario de En Marea Antón Gómez-Reino. Foto: @NosTelevision.