Quim Torra Torra ameaza a Sánchez con retirarlle o apoio no Congreso se non negocia antes de novembro a celebración dun referendo de autodeterminación "pactado e vinculante" en Catalunya.

Quim Torra Torra ameaza a Sánchez con retirarlle o apoio no Congreso se non negocia antes de novembro a celebración dun referendo de autodeterminación "pactado e vinculante" en Catalunya.
Carolina Bescansa anuncia que se presentará ás primarias para liderar Podemos Galicia. A deputada compostelá chega a Galicia para competir pola secretaría xeral co parlamentario de En Marea Antón Gómez-Reino. Foto: @NosTelevision.
As inscricións nas oficinas de emprego aumentaron en 1.896 en Galicia durante o mes de setembro, o que deixa o paro rexistrado en 166.320, 17.737 menos que hai un ano. No mesmo mes a afiliación media á Seguridade Social reduciuse en 6.500 persoas, aínda que segue por riba do millón de persoas ao superar en 21.628 a de setembro de 2017. No conxunto do Estado o paro rexistrado aumenta en 20.441, pero a afiliación tamén sobe en 22.899 persoas. Máis información, hoxe en Praza.gal
A mobilización dos CDR finalizou con incidentes e cargas policiais ante o Parlament de Catalunya. A manifestación central da xornada do 1-O, no entanto, foi masiva e sen incidentes. (Imaxe: TV3)
A microbióloga pontevedresa Alicia Estévez Toranzo recibirá o premio Wonenburguer 2018. Así o decidiu o pleno da Unidade Muller e Ciencia. (Imaxe: USC)
Urnas utilizadas o 1-O encabezan unha multitudinaria manifestación soberanista en Barcelona no primeiro aniversario das votacións. Tamén se están a desenvolver mobilizacións noutros puntos de Catalunya. (Imaxe: ANC)
A derradeira leición do mestre xa está en Santiago. O emblemático cadro de Castelao chegou na tarde deste luns á Cidade da Cultura dende Bos Aires para formar parte da exposición Castelao maxistral dende o vindeiro día 5.
Falece o cantante Charles Aznavour aos 94 anos. Aznavour, francés de orixe armenia, foi considerado un dos grandes representantes da canción francesa. O galego Pucho Boedo chegara a compartir escenario con el na emblemática sala Olympia de París.
A Fiscalía da Coruña asume parcialmente a denuncia do PP ao Concello pola cesión do uso do antigo cárcere da cidade á asociación Proxecto Cárcere para desenvolver actividades culturais e remítea ao xulgado para que resolva se existiu prevaricación. O Ministerio Público agrega nunha nota de prensa que non cre, no entanto, que existan indicios de delitos contra a Administración de Xustiza ou malversación, que os populares tamén atribuían ao goberno local coruñés. O Concello indica que está "á disposición do xulgado con total tranquilidade" para "aclarar canto antes calquera cuestión sobre este procedemento" que, subliña, non implica contraprestación económica para a asociación.
Hai 26 anos comezaba a emitirse Luar e a TVG lembra as súas primeiras imaxes. E aquí vai outra ducia de lembranzas do programa que recompilamos hai un tempo en Praza.gal.