A mobilización dos CDR finalizou con incidentes e cargas policiais ante o Parlament de Catalunya. A manifestación central da xornada do 1-O, no entanto, foi masiva e sen incidentes. (Imaxe: TV3)

A mobilización dos CDR finalizou con incidentes e cargas policiais ante o Parlament de Catalunya. A manifestación central da xornada do 1-O, no entanto, foi masiva e sen incidentes. (Imaxe: TV3)
A microbióloga pontevedresa Alicia Estévez Toranzo recibirá o premio Wonenburguer 2018. Así o decidiu o pleno da Unidade Muller e Ciencia. (Imaxe: USC)
Urnas utilizadas o 1-O encabezan unha multitudinaria manifestación soberanista en Barcelona no primeiro aniversario das votacións. Tamén se están a desenvolver mobilizacións noutros puntos de Catalunya. (Imaxe: ANC)
A derradeira leición do mestre xa está en Santiago. O emblemático cadro de Castelao chegou na tarde deste luns á Cidade da Cultura dende Bos Aires para formar parte da exposición Castelao maxistral dende o vindeiro día 5.
Falece o cantante Charles Aznavour aos 94 anos. Aznavour, francés de orixe armenia, foi considerado un dos grandes representantes da canción francesa. O galego Pucho Boedo chegara a compartir escenario con el na emblemática sala Olympia de París.
A Fiscalía da Coruña asume parcialmente a denuncia do PP ao Concello pola cesión do uso do antigo cárcere da cidade á asociación Proxecto Cárcere para desenvolver actividades culturais e remítea ao xulgado para que resolva se existiu prevaricación. O Ministerio Público agrega nunha nota de prensa que non cre, no entanto, que existan indicios de delitos contra a Administración de Xustiza ou malversación, que os populares tamén atribuían ao goberno local coruñés. O Concello indica que está "á disposición do xulgado con total tranquilidade" para "aclarar canto antes calquera cuestión sobre este procedemento" que, subliña, non implica contraprestación económica para a asociación.
Hai 26 anos comezaba a emitirse Luar e a TVG lembra as súas primeiras imaxes. E aquí vai outra ducia de lembranzas do programa que recompilamos hai un tempo en Praza.gal.
Keltoi Vigo é o primeiro líder da Liga Galega de Fútbol Gaélico tras imporse 44-9 a Cambados na primeira xornada. Estrela Vermelha e Fillos de Breogán séguenlle na táboa tras os seguintes resultados: Keltoi 8-20 (44) vs Cambados 1-06 (9); Fillos 3-11 (20) vs Pontevedra FG 1-04 (7); Mecos 6-06 (24) vs Irmandinhos 5-18 (33); Dorna 2-07 (13) vs Estrela V 5-21 (36); Ártabros 2-15 (21) Auriense 8-03 (27).
Novos vídeos amosan as cargas policiais no interior de colexios habilitados para votar na consulta do 1-O de Catalunya. Revélaos eldiario.es
Suspendido o partido de Breogán por un fallo nos marcadores do Pazo no regreso do equipo lucense á ACB doce anos despois.