Hai 26 anos comezaba a emitirse Luar e a TVG lembra as súas primeiras imaxes. E aquí vai outra ducia de lembranzas do programa que recompilamos hai un tempo en Praza.gal.
Fálase
Keltoi Vigo é o primeiro líder da Liga Galega de Fútbol Gaélico tras imporse 44-9 a Cambados na primeira xornada. Estrela Vermelha e Fillos de Breogán séguenlle na táboa tras os seguintes resultados: Keltoi 8-20 (44) vs Cambados 1-06 (9); Fillos 3-11 (20) vs Pontevedra FG 1-04 (7); Mecos 6-06 (24) vs Irmandinhos 5-18 (33); Dorna 2-07 (13) vs Estrela V 5-21 (36); Ártabros 2-15 (21) Auriense 8-03 (27).
Novos vídeos amosan as cargas policiais no interior de colexios habilitados para votar na consulta do 1-O de Catalunya. Revélaos eldiario.es
Suspendido o partido de Breogán por un fallo nos marcadores do Pazo no regreso do equipo lucense á ACB doce anos despois.
A actual dirección de Podemos Galicia propón a Carolina Bescansa como candidata para loitar con Gómez-Reino polo liderado do partido tras a renuncia de Carmen Santos. A deputada compostelá di que é "un honor" o ofrecemento das compañeiras e aclara que falará "con todas antes de tomar unha decisión".
Beatriz Mato convida a Stop Desahucios a un acto ao que non deixou acceder aos seus membros. O colectivo denuncia que foron expulsados, censura o "cinismo" do PP e anuncia que denunciará o roubo da súa pancarta por parte de axentes de seguridade.
Povisa propón á Xunta o rescate do convenio de non haber acordo para compensar as perdas. Expón seis medidas para resolver a súa "situación límite" e como alternativa a ela, que se rescinda a concesión.
Luís Villares aposta pola participación de En Marea nunha "grande internacional progresista" a nivel europeo.
Seis feridos e 14 detidos nos altercados en Barcelona tras a protesta de independentistas contra a marcha de policías e gardas civís que quixeron homenaxear os antidisturbios do 1-O. (Foto: ArranBarcelona)
Oriol Junqueras será o cabeza de lista de ERC ás eleccións europeas de maio para "defender os dereitos de todos os represaliados". Anunciouno a través dunha carta á militancia.