A Fiscalía da Coruña asume parcialmente a denuncia do PP ao Concello pola cesión do uso do antigo cárcere da cidade á asociación Proxecto Cárcere para desenvolver actividades culturais e remítea ao xulgado para que resolva se existiu prevaricación. O Ministerio Público agrega nunha nota de prensa que non cre, no entanto, que existan indicios de delitos contra a Administración de Xustiza ou malversación, que os populares tamén atribuían ao goberno local coruñés. O Concello indica que está "á disposición do xulgado con total tranquilidade" para "aclarar canto antes calquera cuestión sobre este procedemento" que, subliña, non implica contraprestación económica para a asociación.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5bb225d873d57-5889fc357be25-dsc_0678.jpg)