David Bowie morre aos 69 anos de idade, vítima dun cancro. Hai dous días o artista británico publicou o seu último album, Blackstar

David Bowie morre aos 69 anos de idade, vítima dun cancro. Hai dous días o artista británico publicou o seu último album, Blackstar
Diego Torres afirma que Urdangarin lle prometeu un posto de traballo a cambio de asumir a culpa no caso Nóos. En entrevista con Ana Pastor, di que a Casa Real "coñecía e mesmo colaboraba" coa actividade do Instituto Nóos. Este luns comeza o xuízo, no que Anticorrupción pide 19 anos para Urdangarin e 16 para Torres
Besteiro declarará o martes ante De Lara sobre a súa responsabilidade no caso Garañón. A xuíza rexeitou a petición de aprazamento do seu avogado.
O Parlament catalán debate a investidura de Carles Puigdemont. Pódese seguir en directo aquí.
O PSOE proporá a Patxi López para presidir o Congreso. O político vasco é un dos grandes defensores de Pedro Sánchez e das súas opcións para formar Goberno.
O PSOE cre que o pacto catalán complica "aínda máis" a investidura de Pedro Sánchez. A dirección socialista asume que as presións "van ser moi fortes" para permitir que Rajoy sexa investido presidente.
A Xunta arrinca o ano con 10.000 millóns de gasto xa comprometidos para o futuro. É o equivalente ao orzamento anual da comunidade autónoma.
Bárcenas asegura que ten gravado a Rajoy recibindo un sobre de cartos en B. Cóntao en El Mundo, onde di que o presidente do Goberno tería recibido 4.900 euros en negro da súa man.
ÚLTIMA HORA. Acordo entre a CUP e Junts pel Sí. Mas non será president, cargo que ocupará Carles Puigdemont, alcalde de Girona.
Besteiro anuncia un comité extraordinario en febreiro para fixar a data das primarias tras un tenso comité nacional do PSdeG no que os críticos pediron explicacións polos malos resultados das xerais. Máis información, hoxe en Praza.