Un incendio ameaza o Xurés. O lume, en Lobios, iniciouse ás 11 da mañá e supera xa as tres hectáreas. Fotografía de @BrifLaza.

Un incendio ameaza o Xurés. O lume, en Lobios, iniciouse ás 11 da mañá e supera xa as tres hectáreas. Fotografía de @BrifLaza.
Santiago Fernández Rocha será o candidato de LugoNovo á alcaldía da cidade logo de vencer nas primarias da plataforma cidadá. Ourense en Común celebrará primarias entre os censados na urbe para elixir a orde de dez candidatos escollidos pola asemblea.
O Goberno central rectifica e devolverá a atención primaria aos inmigrantres irregulares. Asegúrao o ministro de Sanidade, que lles nega, non obstante, o dereito á tarxeta sanitaria. En Galicia estas persoas teñen a atención limitada a casos de urxencia.
A UE pídelle á Xunta que reoriente o modelo económico de Galicia a un con "menos cemento" e "máis coñecemento", empregando os novos fondos Feder á penetración das TIC, á calidade no mercado laboral e a I+D.
Este mércores será o primeiro día sen cotas para a produción de leite, despois de 25 anos. As dez mil explotacións galegas temen un descenso de prezos e unha limitación do seu poder de negociación antre a industria. Piden unha moratoria ou, cando menos, máis control e inspeccións ante posibles abusos.
O Concello de Vila de Cruces non autoriza a Festa no Mosteiro de Carboeiro, organizada dende hai semanas nas redes sociais como protesta polos 300.000 euros pagados pola Xunta á produtora de Enrique Iglesias. Estaba previsto que o evento se celebrase este venres na praia fluvial da Carixa. O Concello asegura que o espazo podería quedar moi deteriorado e ofrécese a buscar unha localización alternativa.
Dúas mulleres foron asasinadas polas súas parellas este luns en Alhaurín de la Torre (Málaga) e Lleida, mortes ás que se suma a dunha muller e os seus dous fillos pequenos en Gibraltar, posiblemente a mans do seu home.
CiU e ERC pactan con entidades soberanistas (ANC, Òmnium e AMI) proclamar a independencia 18 meses despois das eleccións do 27 de setembro se os dous partidos acadan a maioría absoluta. O acordo deixa fóra a ICV, Unió e CUP.
Podemos confirma que retira o apoio a Ourense en Común malia crer que é "a única ferramenta dos veciños para recuperar un Concello secuestrado". O Consello Cidadán decide non confluír na plataforma ao non garantirse unhas primarias abertas tras a anulación das primeiras entre acusacións de "carretaxe" e logo dun proceso "ilexítimo".
O PP anuncia unha iniciativa no Parlamento galego sobre o "respeto aos dereitos fundamentais en Venezuela".