A débeda pública en Galicia cae en 55 millóns e sitúase no 18% do PIB, segundo o Banco de España. Son dúas décimas menos que ao rematar 2014 (cando supoñía o 18,2%).
Fálase
O PP podería gobernar Mugardos, a pesar de contar só con 4 dos 13 concelleiros, trala consulta popular realizada por Iniciativa Cidadá de Mugardos, na que se rexeitou o apoio a Pilar Díaz (EU) como alcaldesa. Tamén en Ramirás o PP podería manter o goberno, ante a falta de acordo entre BNG e PSdeG-PSOE. Hai igualmente dificultades para un pacto no Porriño de desaloxe os populares da alcaldía.
Diagonal explica "doce razóns polas que o Patio Maravillas é importante", despois de que este centro social -desaloxado esta semana- ocupara onte un novo edificio. Nos últimos anos deu vida a decenas de colectivos sociais.
O rei revoga o título de Duquesa de Palma de Mallorca á infanta Cristina, que terá que afrontar en breve o xuízo polo caso Nóos
O PP acadará, en principio, a alcaldía de Ourense en minoría, ao non haber acordo entre DO e PSdeG-PSOE. Gonzalo Pérez Jácome anuncia que o seu grupo se votará a si mesmo e insta aos socialistas a apoialo para non permitir un goberno popular.
O deputado socialista Juan Carlos González Santín acredita ante notario que, ao contrario do difundido "en diversos medios de comunicación e redes sociais", non estivo consultando webs de contido erótico no seu escano do Parlamento, senón que a imaxe reproducida foi unha mensaxe publicitaria, derivada dos 'malwares' existentes no seu ordenador. Os ordenadores dos deputados funcionan con Windows por esixencia do propio Parlamento. Pódese descargar a acta notarial nesta ligazón.
O Banco de España pide máis recortes, outra reforma laboral e subas no IVE e nos impostos especiais. Súmase así á petición que o FMI fixo ao Goberno central hai tan só uns días.
Sindicatos policiais ofrecen tablets ou reloxos para "fomentar a participación" nas súas eleccións sindicais. Cóntao El País
Ciudadanos expulsa os seus afiliados de Vigo que pediron analizar os malos resultados electorais nunha asemblea, segundo recolle La Voz
#ÚLTIMAHORA Xosé López Orozco confirma que renuncia á súa acta de concelleiro en Lugo e Lara Méndez optará á alcaldía polo PSdeG. Toda a información e as reaccións, esta mañá en Praza.