Rajoy alardea de bos indicadores económicos ante os empresarios e insinúa que España pode sair da recesión no terceiro trimestre deste ano.
Fálase
Polémica en TVE pola presenza de Ana Ibáñez, condutora de La noche en 24 horas, na presentación dun acto con Rajoy
As mobilizacións continúan en Brasil nos estados de São Paulo, Minas Gerais, Rio de Janeiro, Paraná, Amazonas, Rio Grande do Sul e Santa Catarina. A presidenta Dilma Rousseff e algúns dos principais líderes políticos comezan a recoñecer erros.
O Consello Escolar do Estado rexeita en bloque a reforma do sistema de bolsas proposta polo Ministerio de Educación, con menor contía e condicións máis duras para acadalas. Patronal, empresarios, familias e sindicatos votan a favor da proposta das asociacións de estudantes
O número de millonarios en España aumentou un 5,4% en 2012, até un total de 144.600 persoas cun patrimonio superior ao millón de dólares (740.000 euros)
Gómez Noya e David Cal, finalistas ao Premio Príncipe de Asturias do Deporte.
A Fiscalía mantén a petición de 12 anos de cadea para o capitán do Prestige por delito contra o medio ambiente e danos no espazo natural.
O Observatório Português do Sistema de Saúde ratifica o "impacto" da crise e os recortes na saúde da poboación do país veciño, segundo recolle o xornal Público
As start-ups españolas captaron máis de 50 millóns de euros dende maio. A entrada de capital máis importante correspondeu a Privalia, que captou máis de 25 millóns. El armario de la tele, We Are Knitters, Funidelia, Ticketea ou Akamon tamén recibiron cantidades importantes.
Digg Reader nacerá o 26 de xuño, 5 días antes do peche de Google Reader. Será un servizo gratuíto pero terá unha versíón premium.