O número de millonarios en España aumentou un 5,4% en 2012, até un total de 144.600 persoas cun patrimonio superior ao millón de dólares (740.000 euros)
Fálase
Gómez Noya e David Cal, finalistas ao Premio Príncipe de Asturias do Deporte.
A Fiscalía mantén a petición de 12 anos de cadea para o capitán do Prestige por delito contra o medio ambiente e danos no espazo natural.
O Observatório Português do Sistema de Saúde ratifica o "impacto" da crise e os recortes na saúde da poboación do país veciño, segundo recolle o xornal Público
As start-ups españolas captaron máis de 50 millóns de euros dende maio. A entrada de capital máis importante correspondeu a Privalia, que captou máis de 25 millóns. El armario de la tele, We Are Knitters, Funidelia, Ticketea ou Akamon tamén recibiron cantidades importantes.
Digg Reader nacerá o 26 de xuño, 5 días antes do peche de Google Reader. Será un servizo gratuíto pero terá unha versíón premium.
Nace Troco por troco, un circuito de intercambio escénico entre Galicia e Portugal. Catro espazos galegos e catro portugueses e outras tantas compañías de ambas as dúas beiras do Miño conforman este programa
Este mércores preséntanse querelas criminais simultáneas contra militares de cinco países da OTAN, entre eles España, por non axudar una patera que fuxía de Libia. Morreron 63 persoas. "Viron a nosa patera, amosámoslle un bebé morto. Non nos xyudaron".
O Grupo Ábaco CineBox entra en liquidación e deixa no aire o futuro das salas Cinebox de Ourense. O grupo, que xa pechou entre outras as salas de Vialia Pontevedra, ten unhas 200 salas en toda España.
Compostela acollerá o primeiro curso de Crafting Type en España o 29 e 30 de xuño. Trátase dun workshop intensivo que introduce os seus alumnos no deseño tipográfico.