O Grupo Ábaco CineBox entra en liquidación e deixa no aire o futuro das salas Cinebox de Ourense. O grupo, que xa pechou entre outras as salas de Vialia Pontevedra, ten unhas 200 salas en toda España.
Fálase
Compostela acollerá o primeiro curso de Crafting Type en España o 29 e 30 de xuño. Trátase dun workshop intensivo que introduce os seus alumnos no deseño tipográfico.
O Goberno central recortou a alcaldesa de Alacant, Sonia Castedo (PP), presunta implicada nunha trama corrupta, das fotos oficiais da inauguración da liña de AVE á cidade. Cóntao Público.es
O director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Gonzalo Ordóñez, censura que o PSdeG proteste "na prensa" a respecto da política laboral da CRTVG. Insta os socialistas a facer o propio no Parlamento.
A Deputación de Lugo lanza un programa de campamentos de balde para nenos e nenas con 765 prazas.
O Ministerio do Interior gasta 32 millóns de euros en seis helicópteros para a Policía e a Garda Civil. Cóntao El Periódico de Catalunya
O BNG podería acudir ás eleccións europeas en coalición con ERC, PSM, Compromís ou a Chunta, segundo adianta Vilaweb.
A Xustiza forza a reapertura da televisión pública en Grecia, pechada a pasada semana por decisión gobernamental para cumprir as esixencias de austeridade da troika. Cóntao The Guardian.
El Diario analiza a situación das persoas residentes en Alemaña ás que o Estado lles nega a asistencia sanitaria.
Fomento ordena agora que os sinais das autoestradas estean rotulados en galego, castelán e inglés, segundo conta La Voz