Veciñanza do barrio vigués de Navia organiza cadeas humanas para tentar apagar o lume que atinxe á contorna con baldes de auga. (foto: @anamirandapaz).
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59e3db0370eb7-dmndpiywkacvwpx.jpg)
Veciñanza do barrio vigués de Navia organiza cadeas humanas para tentar apagar o lume que atinxe á contorna con baldes de auga. (foto: @anamirandapaz).
A Universidade de Vigo confirma a suspensión das clases no campus vigués este luns por mor da vaga de incendios. Nun comunicado oficial a institución académica informa de que "as instalacións do campus universitario vigués nestes momentos non están a resultar afectadas polo lume"
O Coruxo ofrece o campo de fútbol do Vao "para todas as persoas que precisen aloxamento, auga e axuda" por mor dos incendios. A súa conta en Twitter ofrece datos de contacto.
O mapa do lume en Galicia deste domingo, amosado polo programa de Observación Terrestre da UE, Copernicus, e difundido pola Aemet.
O Concello de Vigo habilita cuartos nos hoteis Axis, Cidade de Vigo e Bahía para as persoas damnificadas polo lume. Os incendios están a atinxir varios barrios da contorna da cidade. Na imaxe de Gz Contrainfo, o barrio de Navia
Suspendidas as clases este luns por mor dos incendios no IES Valadares e no CEIP Sobreira Valadares, ambos en Vigo, e mais no IES Primeiro de Marzo e no CPI Cova Terreña de Baiona. Vén de confirmalo a Xunta.
O refuxio de animais Os Biosbardos, de Ponteareas, é desaloxado por mor dun incendio próximo e solicita colaboración cidadá para acoller animais.
A TVG anuncia un programa informativo especial sobre a vaga de incendios para as 20:00 deste serán
Junqueras, a unhas horas da resposta de Puigdemont: "O Govern está facendo a República". O vicepresident da Generalitat asegura que a "unidade" do soberanismo é "imprescindible".
Rajoy substituiría todo o Govern se ten que aplicar o artigo 155 en Catalunya. Dubida entre un goberno de concentración con todos os partidos ou de técnicos do Estado.