Suspendidas as clases este luns por mor dos incendios no IES Valadares e no CEIP Sobreira Valadares, ambos en Vigo, e mais no IES Primeiro de Marzo e no CPI Cova Terreña de Baiona. Vén de confirmalo a Xunta.

Suspendidas as clases este luns por mor dos incendios no IES Valadares e no CEIP Sobreira Valadares, ambos en Vigo, e mais no IES Primeiro de Marzo e no CPI Cova Terreña de Baiona. Vén de confirmalo a Xunta.
O refuxio de animais Os Biosbardos, de Ponteareas, é desaloxado por mor dun incendio próximo e solicita colaboración cidadá para acoller animais.
A TVG anuncia un programa informativo especial sobre a vaga de incendios para as 20:00 deste serán
Junqueras, a unhas horas da resposta de Puigdemont: "O Govern está facendo a República". O vicepresident da Generalitat asegura que a "unidade" do soberanismo é "imprescindible".
Rajoy substituiría todo o Govern se ten que aplicar o artigo 155 en Catalunya. Dubida entre un goberno de concentración con todos os partidos ou de técnicos do Estado.
Ada Colau di que "a reforma constitucional non pode ser escusa para non buscar un referendo pactado" en Catalunya. Asegúrao nunha entrevista en eldiario.es.
A CUP esixe a Puigdemont que diga "nidiamente" que declarou a independencia. Albiol (PP) quere aproveitar o artigo 155 para mudar o sistema de ensino catalán e o papel dos Mossos.
Navantia atribúe á CIG os "danos e prexuízos" pola folga e anuncia "todas as accións legais necesarias"
Pedro Sánchez pide "abrir o debate de como Catalunya queda en España" e aposta por "eleccións" autonómicas. O líder do PSOE asegura que a aplicación do artigo 155 depende de Puigdemont. Fala nunha entrevista en eldiario.es.
A presidenta da Deputación de Pontevedra insta a Rueda a aclarar se "hai un documento asinado" con garantía de "investimentos da Xunta" en Tui se triunfa a moción de censura na que o PP dará a alcaldía a Converxencia XXI, con dous edís. A xuízo de Carmela Silva, Rueda é "a man que mece o berce" nestas operacións e é "o peor herdeiro de Rafael Louzán", cos seus "mesmos métodos".